Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 8 de agosto de 2018 | Leída 45 veces
Deputación da Coruña

A Deputación concede vinte bolsas para o perfeccionamento de estudos artísticos no exterior

Apoia con 180.000 euros a formación en centros de Lyon, Nova York, Sao Paulo, Bos Aires, Barcelona ou Porto…

[Img #46406]

 

Apoia con 180.000 euros a formación en centros de Lyon, Nova York, Sao Paulo, Bos Aires, Barcelona ou Porto…

 

Centros de estudo especializados en formación artística de Lyon, Nova Yor, Sao Pauo, Bos Aires, Barcelona ou Porto acollerán as 20 persoas beneficiarias coas bolsas da área de Cultura da Deputación da Coruña. A esta actuación de formación artística destina un orzamento de 180.000 euros.

 

A Deputación da Coruña vén de publicar na súa web a listaxe provisional das persoas que serán beneficiarias das 20 bolsas de formación artística nas áreas de música, artes plásticas e visuais, teatro e interpretación, audiovisual, ilustración e a banda deseñada. 

 

Por especialidades, 10 destas bolsas están dirixidas a completar estudos de música, 3 ás artes plásticas e visuais, 4 a estudos de teatro e interpretación escénica, 2 ao mundo do audiovisual e, finalmente, 1 ao eido da ilustración e banda deseñada.

 

A vicepresidenta e responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, apuntou que “estas bolsas teñen por obxecto apoiar a todas aquelas persoas que queren completar  e perfeccionar os seus estudos artísticos e que, por diferentes motivos, teñen dificultades para atopar o financiamento necesario para acceder a este tipo de estudos”. Así mesmo, subliñou que “o apoio institucional é fundamental para garantir a calidade e o futuro das creacións artísticas en Galiza” e que, este tipo de bolsas “son o mellor investimento que podemos facer como sociedade para contribuír ao afortalamento da nosa Cultura”.

 

Así, a Deputación da Coruña contribuirá ao financiamento de estudos avanzados e de mestrado en centros de recoñecido prestixio internacional como son o Conservatorie National Superieur de Musique et Danse de Lyon, a Manhattan School of Music, o Centro Universitario de Belas Artes de Sao Paulo, a Escola Superior de Cinema e Audiovisuais de Cataluña, a Universidade Nacional das Artes de Bos Aires ou a Facultade de Belas Artes de Porto.

 

A continuación achégase a listaxe das persoas que, provisionalmente, resultaron beneficiarias das bolsas de perfeccionamento de estudos artísticos da Deputación da Coruña:

 

Bolsas artisticas 2018

Artes plásticas e visuais

  • Uxía Pereiro Vaello
  • Luis Lloréns Pendás
  • Sabela Porto Ares

 

Área de audiovisual

  • Cristina Bodelón Maceiras
  • Andrés Fernández-Albalat Pérez

 

Ilustración e bd

  • Raquel Germade Rey

 

Teatro e interpretación

  • Sara Casasnovas Pumar
  • Antón Coucheiro Faílde
  • Francisco De Borja Fernández Rodríguez
  • Manuel Lago García

 

Música

  • Antón Iglesias Quintela
  • Hugo Gómez-Chao Porta
  • Manuel Casares Gestal
  • Silvia Rozas Ramallal
  • Amaro Sampedro López
  • Alberto Miguelez Rouco
  • Artur Carballo Alviarez
  • Helena Otero Correa
  • Clara De Soto Paz
  • Iago Dominguez Eiras
¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress