Domingo, 5 septiembre 2010

Economía e Industria aposta pola innovación da moda galega e acude a Simm 2010

Enviar por email

Economía e Industria aposta pola innovación tecnolóxica no sector téxtil co stand institucional Xunta-Cointega, no Salón Internacional da Moda de Madrid (SIMM 2010)...


A Consellería de Economía e Industria aposta pola innovación tecnolóxica no sector téxtil dentro do Salón Internacional da Moda de Madrid (SIMM 2010). Galicia acude como comunidade invitada nesta edición na que o stand institucional da Xunta, en colaboración con Cointega, aporta unha das principais novidades da feira.

O stand da Consellería de Economía e Industria ten un probador interactivo que conta cun “Magic Mirror”, ou espello interactivo, cunha pantalla dixital de alta resolución e unha cámara que mostra aos clientes como quedarían as pezas, sen necesidade de probarllas.

Esta ferramenta tamén suxire posibles combinacións e complementos que facilitan o proceso de compra. Asemade, as imaxes captadas poden ser compartidas a través das redes sociais, como a páxina de Facebook especialmente creada para a edición de SIMM 2010.

Nesta feira internacional, na que participan unhas 30 empresas do téxtil galego, tamén mostrase a calidade dos deseños e a produción da moda galega coa proxección continuada das coleccións de empresas galegas, a través das cinco pantallas do stand institucional.

A Consellería de Economía e Industria, aposta pola innovación tecnolóxica no sector téxtil e apoia a presenza da moda galega no Salón da Moda de Madrid 2010, como un xeito de proxectar a calidade desta industria a nivel nacional e internacional, por iso Galicia acude este ano, por primeira vez, como comunidade invitada, de xeito que reforza a súa presencia institucional mediante un stand no que se facilitará información permanente sobre as posibilidades que ofrece o sector.

A Consellería de Economía e Industria ten levado a cabo esta iniciativa conxuntamente coa Confederación de Industrias Téxtiles de Galicia-Cointega Clúster Gallego Textil Moda; unha colaboración no eido da innovación téxtil que se traslada tamén á Plataforma Tecnolóxica Galega Téxtil-Moda, que o Goberno galego promove como un instrumento que aglutina e xestiona o coñecemento acumulado no sector en Galicia.

A finalidade da plataforma é achegar vantaxes competitivas a través da innovación e a accesibilidade ás tecnoloxías clave para o desenvolvemento do negocio da moda.

Aínda que existen varias estratexias de actuación, unha das súas liñas prioritarias diríxese a mellorar a eficiencia da canle de distribución entre marcas e puntos de venda, a través do fomento da introdución das novas tecnoloxías da información e a comunicación, así como a incorporación das mellores prácticas.

¡Deje su comentario!
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2012 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS