Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Domingo, 5 de agosto de 2018 | Leída 284 veces
natación

XII Travesía Concello de Arteixo

Onte celebrouse a XII Edición da Travesía a nado Concello de Arteixo - XI Memorial Marina Álvarez, que o noso club organiza no Porto de Suevos, coa colaboración do Concello...

[Img #46362]

 

O mar estivo tranquilo, con un día calmo e caluroso. A temperatura da auga era de 18,3º,  polo que o uso de neopreno foi optativo. Un total de 200 deportistas foron os que disputaron as diferentes categorías e distancias da proba. Por primeira vez os participantes do percorrido de 2500, pertencente ó Circuíto Galego de Augas Abertas, superou ó resto das distancias. Os campións absolutos da distancia de 2500 metros foron Miguel Martínez e Lucía Cal, ambos do RCN de Vigo.

 

A proba de 2500 contou con máis de 75 participantes, a de 800 metros, con case 65 nadadores. Como remate da mañá celebrouse a proba dos pequenos, de 200 metros, con record de participación con máis de 30 nenos e nenas de entre 7 e 12 anos, resultou un magnífico colofón.

 

[Img #46364]Estes son os gañadores/as por categorías

2500 Metros

  • 1- Iván Rubio (CNArteixo), Manuel Regueiro (CNArteixo), Martín Carrera (CN Ponteareas)
  • 2- Ana Cotos Suárez (USC), Penélope Martínez (CNArteixo), Rebeca Carnota (Cidade de Lugo)
  • 3- Miguel Martínez (RCN de Vigo), Martín López (CN Riveira), Samuel Infestas (RCN de Vigo)
  • 4- Lucía Cal (RCN de Vigo), Alba Gómez (CNArteixo), Naomi Espinoza (Américas Triatlón)

 

800 Metros

  • 5- Julio Martínez, José Manuel Santiago, Javier Couso
  • 6- Montse Paradela, Ana Ojeda, Mª Isabel López
  • 7- César Pazos, Fady Hout, Edu Pinedo
  • 8- Nerea Pazos, Marta Barbeito, Jessica Rama
  • 9- Daniel Capelán, Javier Carril, Yzan Saavedra
  • 10- Lucía Cañete, Alba Otero, Erea Garcés
  • 11- Rubén Otero, Mateo García, Alejandro Montes
  • 12- Silvia Martínez, Elena Haz, Celia Rega

 

200 Metros

  • 13- Manuel Souto, Hugo Souto, André Ortego
  • 14- Sara Tajes, Ana Rey, Eva Sánchez

 

En canto a trofeos especiais, o do nadador/a máis novo foi para Julio Martínez, de 7 anos e o do nadador máis veterán foi para José Leal Piñeiro, con 76 anos.

 

Os trofeos “Marina Álvarez” ós mellores nadadores do Club Natación Arteixo, leváronos, na categoría masculina Iván Rubio (2500 m) e César pazos (800 m); na categoría feminina foron Alba Gómez (2500 m) e  Nerea pazos (800 m) as premiadas.

 

Estiveron presentes para a entrega de premios, representando ó Concello de Arteixo: D. Carlos Calvelo, Excelentísimo Alcalde, Dna. Inés Ramos, Concelleira de Benestar e Igualdade, D. Ángel Vázquez, concelleiro de Xuventude e Participación Cidadana e Marcos Mañana, Presidente do Club Insua, acompañados pola Presidenta do Club Sarval Natación Arteixo, Dna. Virginia Martínez.

 

[Img #46363]Onte contamos tamén coa especial participación dun grupo de 6 triatletas de América que asistirán os Xogos Olímpicos da Xuventude de Buenos Aires o vindeiro mes de outubro, que se atopan en Galicia para participar no Campionato Galego de triatlón, e así acumular experiencia competitiva antes da súa gran cita ó outro lado do océano.

 

Podemos dicir que foi un éxito de organización, aproveitamos para agradecer a todos os voluntarios e voluntarias que fixeron isto posible. Grazas tamén a Club Insua, Club Langosteira, Coca Cola, Gadis, Churrería Manolo, Gravados Calvo, O El Noticiero de Arteixo e a Saria Sarval. Rematamos esta Travesía, con unha gran paella (noraboa Javier, estaba estupenda), que serviu de colofón para a que é, unha vez máis, unha gran tempada do Club Natación Arteixo.

 

 

 

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress