Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Domingo, 5 de agosto de 2018 | Leída 21 veces

O Festival A Laracha Rock Pechará as Festas Patronais da capital municipal

É organizado polo Concello da Laracha. Catro bandas forman o cartel, sendo Agoraphobia o prato forte. Realizarase na explanada do IES Agra de Leborís o sábado 18 de agosto...

[Img #46361]

 

A segunda edición do festival A Laracha Rock celebrarase o sábado 18 de agosto baixo a organización do Concello da Laracha e cun cartel formado por catro bandas: Agoraphobia, Hexany, Broa e Aula 11.

 

O evento desenvolverase na explanada fronte ao IES Agra de Leborís e a biblioteca municipal da Laracha. Ás 22:30 horas comezarán os concertos, que se prolongarán ata as tres da madrugada.

 

A banda feminina de indie rock Agoraphobia -formada por Susana (vogalista), Sabela (guitarra), Paula (batería) e Lucía (baixo)- será o prato forte do festival. Este grupo procedente do Concello de Boiro, actuou nos últimos anos en Madrid, Barcelona, Bilbao e Sevilla dentro dos circuítos ‘Girando por salas’ e ‘Artistas en Ruta’. Neste 2018 están nos line-ups dos festivales máis importantes de España, como MadCool, Resurrection Fest, Festival Gigante e Montgorrok. Cunha base altamente explosiva, a presión sobre o escenario é o mellor colchón para unhas guitarras poderosas e contundentes. Entre elas, faise un oco a personalísima voz de Susana, cun carácter arrollador que seduce á audiencia máis exixente.

 

Hexany é un grupo de rock alternativo formado na Coruña en 2012. Trátase dunha proposta atrevida chea de calidade e sentimento. David Ferreiro á voz e á guitarra e Abraio Piñán, tamén á guitarra, son os fundadores da banda, á que se sumaron Manu Vázquez ao baixo e Miguel Vieites á batería. Todos os compoñentes estudaron no Conservatorio Profesional da Coruña diferentes estilos: jazz, ska, folk e música clásica. Esta variedade achega ricos puntos de vista que se reflicten na súa música. Na súa curta traxectoria gañaron xa distintos premios e teñen tocado por toda Galicia. Contan con dous EP, Colormind (2013) e AyoFalemi (2017), traballos nos que apostaron por un xénero ecléctico, sen barreiras, construíndo o seu propio camiño no rock.

 

Aula 11 naceu en Carballo a finais de 2014 e está composto por Guille (voz e guitarra), Eirín (guitarra e coros), Haime (baixo e coros), Juan (batería) e Gabi (saxo).

 

E Broa trátase dunha banda de stoner rock recentemente creada. Os seus membros son naturais da larachesa parroquia de Soandres e de Cerceda. Actualmente están a traballar no lanzamento do seu primeiro disco.

 

Do mesmo xeito que na edición do ano pasado, con A Laracha Rock o Concello pretende ofrecer a oportunidade a estas catro bandas de mostrar o seu traballo á veciñanza nunhas datas emblemáticas, xa que con este festival daranse por rematadas as festas patronais da capital municipal.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress