Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 4 de agosto de 2018 | Leída 22 veces
Deputación da Coruña

A Deputación a Coruña anima a darlle "like" aos seis xeodestinos turísticos

"Coruña Like" é o título da nova campaña promocional audiovisual coa que a área de Turismo da Deputación da Coruña quere animar a visitar os seis xeodestinos en que centra a súa estratexia de promoción. Un vídeo xeral e un para cada un dos distintos destinos compoñen a campaña que se difunde nas redes…

[Img #46357]Paisaxe, patrimonio e gastronomía son algúns dos recursos que protagonizan a nova oferta promocional da área de Turismo da Deputación da Coruña que difunde a oferta turística por medio de un vídeo xeral ademais doutros seis, un por cada xeodestino, que se difunden na rede co seu título #coruñalike.

 

No vídeo, unha visitante promociona as distintas experiencias e paisaxes dándolle "gústame" nas redes sociais, exercicio que é un dos obxectivos da nova campaña, conseguir que a xente se faga eco e difunda a beleza e a oferta de calidade dos distintos destinos da Coruña. Ademais do vídeo xeral, a campaña inclúe seis curtas particulares dedicadas a Ferrolterra, A Coruña e As Mariñas, Costa da Morte, Terras de Santiago, Ría de Muros e Noia e Ría de Arousa Norte.

 

"A iniciativa forma parte da estratexia promocional da área de turismo da Deputación da Coruña e intenta ofrecer unha sutil información sobre o que caracteriza este territorio que pode funcionar como chamada, é dicir, patrimonio, paisaxe, camiños e diversión", explica o deputado da área de Turismo, Xosé Regueira.

 

Os vídeos difundiranse nas redes sociais, na páxina de Turismo da Deputación (https://turismo.dacoruna.gal) e nas dos entes de xestión dos distintos xeodestinos.

 

 Coruña Like quere mostrar a ampla variedade de experiencias para facer da viaxe unha vivencia que se quererá compartir e convídase a difundir polas principais redes como son facebook, twitter e instagram nas que ten presenza a área de Turismo da Deputación.

 

Tanto o vídeo xenérico e a curta da provincia, como cos específicos dos xeodestinos, amósanse na canle youtube promocionando os recursos turísticos de maior representatividade.

 

Mostras deste patrimonio de gran valor turístico, son: a torre de Hércules e o porto da Coruña, a fervenza do Ézaro e o cabo Fisterra  na Costa da Morte, o monte Louro e o castro de Baroña na ría de Muros e Noia, a praza do Obradoiro nas Terras de Santiago, e o cabo Ortegal ou o mosteiro de Caaveiro de Ferrolterra.

 

A nova campaña audiovisual pódese atopar tamén na páxina web da área de Turismo da Deputación da Coruña que está a funcionar como plataforma interactiva de promoción dos distintos destinos e ferramenta para os concellos.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress