Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 4 de agosto de 2018 | Leída 19 veces

A directora xeral de xuventude, participación e voluntariado, visitou o campo de traballo da Laracha

Acudiu para coñecer aos voluntarios e interesarse polas actuacións que desenvolverán nos próximos días. Os participantes proceden de diferentes localidades españolas. Ata o 15 de agosto traballarán na posta en valor do castro de Montes Claros...

[Img #46355]

 

Xa está en  marcha o campo de traballo de temática arqueolóxica que organizan o Concello da Laracha e a Xunta de Galicia e que se marca como obxectivo a fase inicial da posta en valor do castro de Montes Claros, o xacemento situado na parroquia de Vilaño pertencente á idade de ferro e que, segundo os estudos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, é un dos máis grandes dos catalogados na zona norte de Galicia.

 

Os doce voluntarios participantes proceden de diferentes localidades galegas (Gondomar e Vigo) e tamén doutros puntos da xeografía española (Madrid, Valencia, Granada, Huesca e Bilbao). Desde o pasado mércores están, xunto cos monitores, instalados no centro sociocultural de Santa Margarida de Montemaior, lugar acondicionado e equipado polo Concello da Laracha para posibilitar o seu aloxamento.

 

Durante o desenvolvemento do programa, o traballo específico sobre o terreo realízase polas mañás. Durante as tardes, os voluntarios realizarán outra serie de actividades de tipo educativo, didáctico e cultural que tamén lles permitirán coñecer o termo municipal da Laracha, a súa historia e tradicións. A organización asume ao completo os custes da manutención dos participantes e das actividades culturais que se realizan.

 

Onte pola mañá a Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, desprazouse hoxe ata o Concello da Laracha co dobre obxectivo de dar a benvida aos voluntarios e interesarse polas actuacións previstas para levarse a cabo. Aproveitou a ocasión para agradecer aos participantes a súa implicación e desexarlles que realicen un bo traballo e teñan unha feliz estancia na Laracha.

 

O alcalde, José Manuel López Varela, mostrouse satisfeito por volver desenvolver na Laracha unha iniciativa destas características e apuntou que para o Concello “é un orgullo contar con mozos voluntarios que nos axuden a conservar e poñer en valor o noso patrimonio histórico”.

 

O Castro de Montesclaros é un dos elementos incluídos no Plan Especial de Patrimonio Cultural promovido polo executivo municipal e que permitiu recentemente a adquisición por parte do Concello da Laracha das primeiras parcelas que albergan o xacemento. Agora dáse un paso máis iniciando a súa posta en valor a través do campo de traballo, que centrará o seu labor exclusivamente na observación, delimitación e a limpeza do castro e do seu entorno. Os voluntarios están en todo momento acompañados por un equipo técnico formado polo director do campo de traballo, unha arqueóloga e os monitores.

 

Esta é a quinta experiencia do Concello da Laracha na organización de campos de traballo. Os catro anteriores foron relacionados con temáticas medioambientais centradas na posta en valor dos entornos fluviais e na promoción da práctica deportiva ao aire libre.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress