Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 2 de agosto de 2018 | Leída 41 veces

A Xunta licita a obra de urbanización interior da primeira fase do parque empresarial de Morás, en Arteixo

O consello de administración de Xestur autoriza a contratación da actuación, na que se investirán preto de 3,9 millóns de euros. Esta fase do parque contará con máis de 60 parcelas de uso industrial e comercial, con superficies que irán dos 1.000 aos 105.000 m2. Actualmente están en execución as obras de explanación para plataforma K-3 e o Eixo 0, que está previsto que rematen este outono. Recentemente rematou a obra de acondicionamento da estrada provincial que atravesa o parque empresarial e constitúe un dos seus viais, na que se investiron máis de 800.000 euros...

[Img #46346]A Xunta de Galicia licitou onte a obra de urbanización interior da primeira fase do parque empresarial de Morás, en Arteixo, unha vez que o Consello de Administración de Xestur autorizou a contratación da obra.

 

O orzamento de licitación ascende a preto de 3,9 millóns de euros e posibilita a intervención nunha superficie de 554.002 metros cadrados, que se traducirá en case 317.000 metros cadrados de superficie destinada a parcelas de uso industrial e comercial. Nesta fase contará con máis de 3.800 prazas de aparcamento.

 

Ademais, na urbanización interior da fase A do parque empresarial prevese a execución dos viais e de todas as redes de subministros necesarios, así como a súa conexión exterior e a realización da conexión do parque empresarial coas estradas AG-55 e a A-6.

 

Nesta primeira fase tamén se inclúe a parcela destinada ao emprazamento dos depósitos de auga que darán servizo á rede de abastecemento e na que se instalará a subestación eléctrica que servirá ao todo o parque empresarial. Asemade, inclúense os espazos destinados á execución dos estanques de regulación de augas pluviais.

 

Esta área do parque empresarial de Morás contará con máis de 60 parcelas de uso industrial e comercial, con superficies que irán dos 1.000 aos 105.000 metros cadrados.

 

Actualmente estase desenvolvendo a obra de explanación da plataforma K-3 e o Eixo 0 do parque empresarial, cun investimento de máis de 3,1 millóns de euros. Esta obra atópase en estado moi avanzado e rematarase este outono.

 

Recentemente rematou a obra de acondicionamento da estrada provincial que atravesa o parque empresarial e constitúe un dos seus viais, na que se investiron máis de 800.000 euros.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress