Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 31 de julio de 2018 | Leída 15 veces
cambre

Varios núcleos rurais de Cambre disporán de banda ancha

A Xunta informou que os núcleos de Pontigo, Altamira, Anceis, Seoane, Meixigo, Aian e Campóns serán os beneficiarios de esta actuación nesta fase…

O Concello de Cambre informa que a empresa Telefónica, como beneficiaria dunha subvención da Xunta de Galicia de 14 millóns de euros está a despregar redes de 100 megas en núcleos rurais de menos de 150 habitantes o que facilitará o acceso a internet de alta velocidade en zonas que carecen desta cobertura e de previsión de dispoñer dela. En Cambre beneficiaranse os seguintes núcleos: Pontigo, Altamira, Anceis, Seoane, Meixigo, Aian e Campóns.

 

Con esta medida a Administración autonómica tenta actuar nos núcleos máis pequenos con fondos FEADER, mentres que o Estado focalizará os seus esforzos en cubrir as entidades de maior tamaño coas convocatorias que licite nos vindeiros anos no marco do Programa Nacional de Extensión da Banda Larga de Nova Xeración (PEBA).

 

As redes coas que se dote ás entidades de poboación deberán proporcionar servizos de cando menos 100 megas de baixada e 20 de subida, non establecer limitacións de descargas e permitir a realización de comunicacións de voz e vídeo en tempo real.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress