Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 28 de julio de 2018 | Leída 20 veces
Deputación da Coruña

O Plan Único da Deputación alcanza os 182 millóns de euros de investimento nos concellos coruñeses no bienio 2017-2018

O pleno da Deputación aprobou hoxe un expediente modificativo de créditos para incorporar 16 millóns máis ao POS+2018, que alcanza un orzamento récord de 92 millóns de euros. As achegas do Plan Único permitirán realizar preto de 800 obras nos 93 concellos coruñeses e reducir a súa débeda en 9,5 millóns de euros. O Plan Único supón o maior plan de cooperación das deputacións galegas e un dos máis importantes de España...

[Img #46314]

 

O Plan Único (POS+)  da Deputación da Coruña investirá 182 millóns de euros nos concellos da provincia no bienio 2017-2018. Trátase dun “investimento histórico, o maior orzamento contemplado nun plan na historia da Deputación”, segundo apuntou o presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, que destacou que supón, con diferencia, o maior plan de cooperación municipal das catro deputacións galegas e un dos máis importantes de España, xa que distribuirá entre os 93 municipios coruñeses, con criterios obxectivos e en só dúas anualidades, unha cantidade equivalente ao presuposto anual da Deputación.

 

O pleno da Deputación aprobou onte, por unanimidade de todos os grupos políticos, un expediente de modificación de créditos que incorpora 16 millóns aos 76 millóns de euros de orzamento inicial do POS+ deste ano, chegando así aos 92 millóns de euros en 2018. A esta cifra hai que sumarlle os 90 millóns de euros de orzamento total do POS+2017. 

 

O goberno provincial cumpre así o seu compromiso de destinar os remanentes a ampliar o orzamento do Plan Único, facendo que os concellos coruñeses reciban da Deputación non só máis fondos que o ano pasado, senón o maior investimento provincial dos últimos anos e o maior investimento por concello das catro provincias galegas.

 

A incorporación dos remanentes ao orzamento do Plan Único realizase de forma automática, polo que o programa non esixe tramitar unha nova convocatoria, como se facía antes, nin aprobar novas bases ou levar os novos proxectos ao pleno. Isto permitirá que os fondos cheguen con gran rapidez aos concellos, que xa teñen solicitado proxectos para ser financiados coa consignación destes fondos adicionais.

 

 

800 obras e redución de 9,5 millóns de débeda

Nos seus dous anos de vida, o novo Plan Único (POS+2017 e POS+2018) da Deputación da Coruña financia a execución de preto de 800 obras de construción ou mellora de infraestruturas públicas nos 93 concellos da provincia da Coruña, contribúe a costear servizos públicos básicos como o alumeado, mantemento de viais ou a recollida de lixo, e favorece que os concellos amorticen máis de 9,5 millóns de euros da súa débeda con entidades bancarias.

 

O Plan Único baséase a tres principios fundamentais: máis transparencia e obxectividade na asignación de recursos, porque o reparto de fondos non se efectúa de xeito discrecional, senón que se basea en criterios obxectivos empregados dende hai máis de dúas décadas no POS (poboación, superficie, número de parroquias e esforzo fiscal) que xeran un consenso importante entre os concellos; máis autonomía local, porque son os propios concellos, os que mellor coñecen as necesidades dos seus veciños, os que deciden cales son as súas prioridades á hora de investir os fondos que achega a Deputación; e máis saneamento financeiro, porque o plan conta con mecanismos para que os concellos podan destinar parte dos fondos a pagar facturas pendentes, reducir a súa débeda ou financiar parte do seu gasto corrente.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress