As obras das estradas AC-122 e AC-133, que pertencen á Rede Secundaria de Estradas de Galicia, leváronse a cabo unha lonxitude de 4 quilómetros, contaron cun investimento de máis de 3,4 millóns de euros...
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, supervisou onte na localidade coruñesa de Mugardos a finalización das obras de seguridade vial nas estradas AC-122, Cabanas-A Gallana, no treito que vai dende o punto quilométrico 3+340 ao 4+900, e na AC-133, Fene-Mugardos, dende o pk 4+630 ao 7+000. Nesta actuación investíronse 3,4 millóns de euros. Ademais, Hernández anunciou que a finais de ano comezarán as obras de mellora de seguridade viaria da estrada que une Franza e Ares (AC-123), na mesma comarca, e que suporán un investimento de 1,8 millóns de euros.
O responsable de Infraestruturas da Xunta explicou que o Goberno galego inviste, polo tanto, mais de 5,2 millóns de euros nestas actuacións coas que se busca incrementar a seguridade e a calidade de vida dos máis de 11.200 habitantes de Ares e Mugardos, tanto para automobilistas como para peóns, colocando distintos dispositivos de seguridade, como beirarrúas e sendas peonís, e aportando a estas estradas unha mellor pavimentación, un ensanchamento das estradas e unha redución no radio das curvas, entre outros elementos.
Agustín Hernández manifestou que as actuacións que o seu departamento está a realizar en materia de seguridade viaria -como a construción de variantes de poboación ou a colocación de beirarrúas en zonas urbanas- están a repercutir de xeito positivo na diminución das mortes por atropelos, que diminuíron un 20% o pasado ano nas estradas autonómicas.
Medidas de seguridade
As obras das estradas AC-122 e AC-133, que pertencen á Rede Secundaria de Estradas de Galicia, leváronse a cabo nunha lonxitude total de 4 quilómetros e xa están rematadas logo dun investimento de 3,4 millóns de euros. Concretamente, actuouse sobre os seguintes puntos:
o Reordenación e mellora de accesos á estrada mediante interseccións con trocos de sentido a unha distancia non superior ao quilómetro.
o Mellora do trazado coa rectificación das curvas con menor radio e incorporación de clotoides (transición progresiva entre recta e curva para facilitar a condución) onde o trazado o permita.
o Mellora da circulación peonil coa construción de beirarrúas nos tramos máis poboados e sendas peonís nos núcleos diseminados.
o Nova sinalización horizontal, vertical e balizamento do tronco para a mellorar a visibilidade nocturna.
o Iluminación do tronco da estrada e glorietas.
o Reforzo do firme e renovación da capa de rodadura ao longo de todo o tronco.
o Construción de novas paradas de autobús con zonas de seguridade para os peóns.
o Ordenamento das zoas de aparcamento nos treitos urbanos e construción de cunetas de seguridade revestidas nos restantes.
Características técnicas
En ambos viais relizouse unha ampliación da sección de plataforma de 7 metros máis sobreanchos, polo que cóntase con dous carrís de 3 metros; dúas beiravías de 0,50 metros; e un aparcamento de 2 metros mínimo, ademais de beirarrúas en zonas urbanas, nunha lonxitude de 1.965 m.; e sendas peonís en áreas rurais, en 2.272 m., de 2 metros de ancho en ámbalas dúas.
Así mesmo, procedeuse ao reforzo de firme, con saneos localizados do firme existente e construción de sobreanchos, mellora de seguridade viaria en interseccións, con dúas novas glorietas e 4 cambios de sentido; 2.059 metros de cunetas de seguridade revestidas; a renovación de balizamento, defensas e sinalización horizontal e vertical e renovación de iluminación ao longo de todo o percorrido mellorado.
Para facer as melloras empregouse zahorra artificial, loseta hidráulica; formigón tintado en sendas e muros de formigón armado para contención de terras entre outros moitos elementos.
Franza-Ares
Por outra banda, o conselleiro de Medio Ambiente anunciou que o seu departamento comezará a traballar a finais deste mesmo ano, na mellora da seguridade viaria da estrada que une as localidades coruñesas de Franza e Ares (AC-123), na que se levará a cabo un ensanche de plataforma, a mellora nas interseccións con outras vías, a construción de sendas peonís ao longo de todo o trazado, a iluminación, sinalización e o balizamento.
Esta actuación foi adxudicada o pasado mes de agosto cun prazo de execución de 8 meses e por un importe de máis de 1,8 millóns de euros.
Actuarase nun treito de 1,64 quilómetros de lonxitude e contará cunha senda peonil de algo máis de 1.500 metros. Así mesmo, contará con dous carrís de 3 metros; dúas beiravías de 0,50 metros, unha cuneta de metro e medio e unha beirarrúa de 1,80 metros de ancho. Pola súa banda, a senda peonil terá tamén un ancho de 1,80 metros. A todo isto haberá que engadir unha zona verde de separación de 0,50 metros.
Para levar a cabo esta actuación será preciso levar a cabo una demolición de 2.128 m³, cunha escavación de 6.293 m³; empregaranse 5.345 toneladas de mestura bituminosa en quente; 8.274 m³ de lastro; e 3.528 m² de pavimento.
En relación ás obras complementarias a levar a cabo, farase a drenaxe lonxitudinal e transversal; sinalización e balizamento e o correspondente saneamento e abastecemento.
Con estas actuacións beneficiaranse os máis de 11.200 habitantes dos concellos coruñeses de Ares e Mugardos.