Mato anuncia que a Xunta está a elaborar novas modalides de atención como unidades terapéuticas de intensidade media para enfermos con afectación leve ou moderada...
A Xunta de Galicia incrementou nun 34% as prazas de centros de día de alzheimer. Así, puxo en marcha nos últimos meses un total de 80 prazas nas localidades da Coruña, Lalín e en Ribeira, estas últimas inauguradas onte mesmo pola conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, quen destacou no acto que o Goberno galego, ademais, porá en marcha nos próximos meses 100 máis en Ferrol, Ourense e Monforte.
A titular do departamento autonómico destacou das novas instalacións emprazadas na localidade da comarca de Barbanza, que contan cunha capacidade para 30 usuarios e usuarias. Dez xa están a ser ocupadas desde finais do pasado mes de xullo.
“Unha vez que o centro xa é unha realidade, agora o seu cometido é dobre, contribuír á promoción e protección da saúde dos seus usuarios e mellorar a calidade de vida das súas familias”, resaltou Mato.
A conselleira lembrou que as novas instalacións entraron en funcionamento despois de que a Administración autonómica realizara diversas reformas para garantir a accesibilidade e seguridade dunhas instalacións que foron cedidas á Xunta por Caixa Galicia. Para facer realidade o novo servizo social, o Goberno galego destinou 155.000 euros.
Así mesmo, a titular de Traballo e Benestar resaltou que o obxectivo da Xunta de incrementar as prazas destinadas aos servizos sociais é un dos obxectivos prioritarios do Plan de Maiores, que naceu hai meses da man deste colectivo e do que se presentará nas próximas semanas a súa redacción definitiva.
Este proxecto inclúe, ademais, medidas en relación ao deterioro cognitivo dos maiores, para previr estas situacións de dependencia.
Ademais, Mato fixo fincapé nas novas modalidades de atención que está a elaborar a Consellería e que forman parte da nova carteira dos servizos sociais. En concreto, explico que se están a deseñar unidades terapéuticas de intensidade media para aqueles enfermos con atención leve ou moderada. Así, o servizo estará enfocada para aquelas persoas para as que a opción de centro de día non sexa o recurso asistencial máis axeitado, é dicir, para aquelas persoas que presentan un deterioro non moi avanzado.
Así mesmo, a Xunta apoiará aos coidadores a través da formación e o asesoramento posterior, cando o recurso a través da Lei de Dependencia non se ofreza sexa a libranza de de coidados familiares.
Ao respecto, a conselleira incidiu en que o departamento autonómico deseñou en colaboración coa Federación Galega de Alzheimer un módulo complementario específico para o coidado das persoas con alzheimer, que contempla ao mesmo tempo medidas de autocoidados para o propio coidador.
“Todas estas medidas demostran que a nosa prioridade é a xeración de máis benestar para os nosos maiores e as súas familias, no seu día a día”, resaltou Mato.
Por elo, comentou que este obxectivo no que está a traballar a Administración autonómica tamén se refricte no incremento do orzamento destinado este ano ao Plan Concertado do concello de Ribeira.
En concreto, Benestar destinou ao programa de axuda no fogar deste plan 116.1577 euros máis que en 2009, un 144% mías qe o exercicio pasado. O Plan Concertado no seu conxunto aumentou nun 84,85%, 128.000 euros mías que en 2009.
Por último, a conselleira desexou que todas estas accións e o centro de día renovado sivan para que os maiores síntanse protagonistas e teñan unha maior calidade de vida”.