Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 12 de julio de 2018 | Leída 13 veces

O concello de Arteixo ofrecerá talleres educativos contra a violencia de xénero a 3.900 escolares do concello

Os talleres impartiranse en todos os centros educativos do concello, desde a educación infantil ata o bacharelato e formación profesional…

O concello de Arteixo ofrecerá talleres educativos destinados a prevenir a violencia de xénero entre todos os escolares do municipio, que suman 3.901 se se suman todos os niveis: desde a educación infantil ata o bacharelato e formación profesional. Os talleres serán diferentes segundo a idade dos escolares dos centros onde se impartan. Así, os nenos máis pequenos recibirán a información en forma de contacontos mentres que a medida que aumente a idade dos receptores utilizaranse outro tipo de continentes de cara a sensibilizar os escolares para que poidan identificar as situacións que dentro das relacións de parella poden desembocar en situacións de violencia. Os talleres estarán superrvisados e organizados polo Centro de Información da Muller do concello de Arteixo, que está aberto permanentemente para atender as víctimas da violencia de xénero e, paralelamente, organiza actividades de cara a sensibilizar a población sobre esta lacra.

 

O número de persoas atendidas no CIM de Arteixo cunha problemática de violencia de xénero no 2017 ascendeu a 35 mulleres. No ano 2016 o número de vítimas foi de 41 casos. Nestes 35 casos houbo implicados 53 menores.

 

Arteixo tamén ten en marcha o denominado programa Atempro, onde as mulleres que participan levan un xeolocalizador que é un dispositivo de alarma no caso de que as mulleres o necesiten. Arteixo tamén ofrece as vítimas de xénero un programa de coordinación laboral. Asimesmo o municipio impulsa unha mesa de coordinación policial na que se establecen os diversos grados de risco que teñen as distintas vítimas de violencia de xénero e se establece o correspondente grado de vixilancia.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress