Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 12 de julio de 2018 | Leída 17 veces

O goberno local propón ao Pleno aprobar un suplemento de crédito para financiar investimentos

Por un importe de 541.042,60 euros a financiar con parte do remanente líquido de tesourería e superávit. Esta cuestión foi sometida onte ao ditame da Comisión Informativa de Facenda e Especial de Contas. Será elevada ao Pleno extraordinario da próxima semana...

O grupo de goberno do Concello da Laracha presentou onte na Comisión Informativa de Facenda e Especial de Contas a proposta de aprobación dun suplemento de crédito que será elevada ao Pleno extraordinario que se celebrará o luns da próxima semana (16 de xullo).

 

Deste xeito, o executivo local pretende incorporar aos orzamentos actuais a cantidade de 541.042,60 euros que se destinarían na súa práctica totalidade a ampliar e mellorar as infraestruturas públicas de titularidade municipal ao tratarse de gastos que non están contemplados inicialmente nos presupostos, pero que se considera non poden demorarse e deben ser executados neste ano. Dita cifra sería financiada con cargo a unha parte do remanente líquido de tesourería e superávit que deixou o peche do exercicio económico anterior.

 

En concreto, o destino deste suplemento de crédito sería a aportación municipal para facer fronte á primeira anualidade da construción do centro comunitario “Costa da Morte” de Caión, a creación das beirarrúas na 2ª e 3ª travesías Eusebio Bértoa Queijo (casco urbano da Laracha), a mellora de todos os pasos para peóns da AC-552 no Concello da Laracha (Avenida Bergantiños en Paiosaco e Avenida Fisterra na capital municipal), a renovación do parque infantil do campo da feira de Paiosaco, a mellora das infraestruturas viarias de acceso ao parque empresarial, a creación dun novo arquivo no edificio de usos administrativos e o proxecto de accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos. Tamén sería contratado persoal para o servizo de soporte e de apoio á aplicación TEDeC (plataforma da administración electrónica).

 

Todas estas actuacións son consideradas de especial interese para a cidadanía por tratarse de proxectos dirixidos a reforzar a seguridade en diferentes puntos da rede viaria municipal, renovar equipamentos, potenciar o turismo, mellorar os servizos municipais e  crear en Caión unha instalación pública da que carece na actualidade e que permitiría contar cun centro que albergaría mostras permanentes sobre a historia da pesca, salas multiusos, salón de actos e as novas oficinas da Confraría de Pescadores.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress