Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 11 de julio de 2018 | Leída 14 veces

Miranda asegura que as cifras de retorno a Galicia, que se incrementaron en 2017 un 21 % ata chegar ás 6.202 persoas, apoian as estratexias do Goberno galego

O número de galegos que regresaron á súa terra de orixe aumentaron en máis do 90 % desde 2009. O secretario xeral da Emigración visitou en Santiago de Compostela o negocio dunha beneficiaria das Axudas ao Retornado Emprendedor que regresou de Bruxelas. Venezuela, Suíza, Brasil, o Reino Unido e os Estados Unidos de América foron os países de destino dos que partiron máis galegos cara Galicia...

[Img #46195]

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asegurou que as cifras de retorno dos últimos anos supoñen un respaldo obxectivo aos plans en materia de emigración e regreso á comunidade que está a poñer en práctica o Goberno galego, entre os que destaca a Estratexia Retorna 2020, aprobada polo Consello da Xunta o pasado 12 de abril. O responsable autonómico sinalou que só en 2017 volveron a Galicia, 6.202, o que supón un incremento dun 21 % respecto aos datos de 2016 e de case o dobre que en 2009. No último exercicio retornaron á comunidade 1.077 galegos máis ca en 2016, principalmente de América e Europa.

 

Por países, foi Venezuela o lugar de orixe principal dos galegos que regresaron, segundo as estatísticas publicadas polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Do país suramericano volveron un total de 2.163 persoas. Suíza foi o segundo país que aportou un maior número de retornados da diáspora galega, con 837; seguido de Brasil con 338, o Reino Unido con 305, e os Estados Unidos de América con 302. Outros países con datos significativos foron Francia e México, ambos con 214 persoas, e Alemaña, con 213.

 

Dos 6.202 galegos que retornaron en 2017, o 78 %, é dicir, 4.865, teñen menos de 65 anos, e só o 21,56 %, 1.337, son maiores. Máis da metade dos galegos que regresaron á comunidade, 3.225, son menores de 45 anos, e a franxa de idade máis numerosa é a de menores de 16 anos, con 998 rapaces de volta en Galicia.

 

O emprendemento do futuro

Miranda presentou estas cifras durante a visita a unha das retornadas que se beneficiaron das Axudas ao Retornado Emprendedor, un dos programas estrela da Estratexia Retorna 2020, e que permitiu nos últimos anos poñer en marcha arredor dun cento de proxectos en toda a comunidade. O prazo para a convocatoria de 2018 permanecerá aberto ata o 28 de setembro. Adriana Asorey abriu unha tenda de decoración e roupa de nenos en Santiago de Compostela logo de traballar cinco anos como consultora enerxética en Bélxica. Con ano e medio de vida, a empresa vende produtos a toda Europa a través de Internet.

 

“Non podemos máis que agradecer a Adriana e aos outros milleiros de galegos que cada ano regresan á súa terra, non só que volvan, senón que o fagan cargados de ilusión e proxectos. A súa xuventude e a experiencia que importan desde os seus diferentes países de acollida fan de Galicia, non só un país novo, senón máis forte e tamén mais competitivo. O Goberno galego é consciente de que eles, ao igual que o resto de galegos nados na Galicia territorial, son o presente e o futuro da nosa terra, á que poden axudar a superar o reto demográfico que vive”, sinalou o secretario xeral da Emigración.

 

A Estratexia Retorna 2020 inclúe, ademais das Axudas ao Retornado Emprendedor, outras 52 medidas que abranguen todos os eidos que condicionan o retorno dos galegos á comunidade a través de axudas que facilitan o acceso á vivenda, á formación, ao mercado laboral, á investigación e á información, seguimento e asesoramento. A Xunta de Galicia destina a este plan, que busca o regreso de máis de 20.000 galegos ata o ano 2020, máis de 235 millóns de euros entre medidas con incentivos específicos para os retornados e as transversais.

 

Un saldo migratorio positivo

Estas cifras complementan as recentemente publicadas polo INE sobre o saldo migratorio, que sinalan que en 2017 chegaron a Galicia 6.683 persoas máis das que entraron, das que 2.118 teñen entre 16 e 44 anos de idade. O balance tamén é positivo tomando como referencia o saldo co exterior, do que entraron 7.209 persoas máis das que saíron, tanto españolas como estranxeiras, e das que a metade, 3.620, teñen entre 16 e 44 anos. Ademais, por primeira vez desde 2010, chegaron máis españoles dos que saíron, en concreto 1.676 persoas máis, do estranxeiro.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress