Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 11 de julio de 2018 | Leída 45 veces

O Concello creará dous parques biosaudables nos cascos urbanos da Laracha e de Caión

No parque Maximino Canedo da capital municipal e no paseo marítimo da vila costeira. Dinamizaranse estes espazos ao aire libre e fomentarase a práctica da actividade deportiva. O investimento superará os 25.000 euros e financiaranse integramente con fondos propios municipais...

[Img #46188]O Concello da Laracha iniciará nesta semana os traballos de creación de dous parques biosaudables de similares características, un deles en Caión e o outro, no casco urbano da Laracha.

 

O de Caión será instalado no paseo marítimo á altura da rúa Campo da Ínsua, unha área do casco urbano da vila moi próxima ao colexio de educación infantil e primaria, ao consultorio médico e biblioteca municipal. Precisamente ata aquí se desprazaron esta mañá o alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Obras Públicas, Jesús Souto, para reunirse cos responsables da empresa que executará o proxecto.

 

O da Laracha será creado no parque Maximino Canedo, que o Concello está a renovar, mellorar e modernizar nos últimos meses. Recentemente fora acondicionada unha pista multideportiva de uso libre.

 

Ambos parques biosaudables constarán do mesmo circuíto, estando equipados con xogos tipo bicicleta, esquí, balanza, xiro de cintura, patíns e temón. Tamén contarán con carteis informativos coas instrucións de uso de cada un dos elementos avaladas por médicos rehabilitadores e fisioterapeutas.

 

Con estes novos equipamentos o Concello da Laracha pretende fomentar os hábitos saudables e  dinamizar e ofrecer novos usos sociais e deportivos a dous espazos ao aire libre nos núcleos urbanos da Laracha e de Caión con posibilidades de disfrute por parte da veciñanza. Os parques biosaudables serán aptos para o seu uso por todos os públicos, mozos e maiores, e incrementarán tanto a calidade das infraestruturas municipais como as posibilidades para a cidadanía de practicar actividades deportivas e de ocio.

 

Nestes dous proxectos o Concello da Laracha investirá máis de 25.000 euros a financiar integramente con fondos propios municipais.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress