Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 10 de julio de 2018 | Leída 15 veces

A Xunta amplía o sistema de videointerpretación a todos os teléfonos de emerxencias en aras de facilitar a relación das persoas con dificultades auditivas coa Administración pública galega

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a directora da Amtega, Mar Pereira, asinaron hoxe un convenio de colaboración coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia. Todos os teléfonos de emerxencia da Xunta disporán do servizo de videointerpretación, o 112, o 085, o teléfono da Muller, o Social, o do Voluntariado e da Infancia; o da Saúde en liña; e o 065...

[Img #46187]

 

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a directora da Amtega, Mar Pereira, asinaron hoxe un convenio de colaboración coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) co fin de facilitar a relación das persoas xordas, con dificultades auditivas, ou xordocegas coa Administración pública.

 

Coa sinatura de hoxe amplíanse o número de servizos aos que se pode acceder a través do sistema de videointepretación, xa que a partir de agora todos os teléfonos de emerxencia da Xunta disporán do servizo de videointerpretación, entre os que se atopan o 112, o teléfono 085 de incendios forestais; o teléfono da Muller, ao Social, do Voluntariado e da Infancia; o da Saúde en liña; e o 065 de apoio á mobilidade persoal.

Ademais de ampliar os servizos, incorporase unha nova vía para acceder a eles xa que ata agora, o sistema de videointerpretación estaba dispoñible de forma presencial a través de terminais ubicados en distintas oficinas públicas e en liña, para o que se precisaba dun ordenador con webcam. Ponse en marcha unha aplicación móbil para o sistema de videointerpretación o que supón tamén un importante avance en accesibilidade.


A Xunta xa contaba cun sistema de videointerpretación para que as persoas xordas puideran acceder ao servizo telefónico de atención á cidadanía (o 012), o 061, e ao teléfono de consultas sanitarias e agoar dáse un paso máis a prol da integración plena e da igualdade de oportunidades entre as persoas con dificultades auditivas ademais de garantir a igualdade de acceso de todos e todas aos servizos das administracións. 


Nesta mesma liña, o Goberno galego ven colaborando dende o ano 2009 coa Federación para desenvolver programas para mulleres en situación de especial vulnerabilidade e para facilitar a atención psicolóxica das vítimas de violencia de xénero con discapacidade auditiva.
 

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress