Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 10 de julio de 2018 | Leída 41 veces
a Laracha

Superados os 200 inscritos para a III Carreira Popular do Apóstolo de Vilaño - a Laracha

Varios dos atletas máis destacados da Costa da Morte xa confirmaron a súa presencia...

[Img #46184]Avanzan a moi bo ritmo as inscripcións para participar na segunda edición da Carreira Popular do Apóstolo, que a Asociación Adro de Vilaño organiza no concello larachés, xunto con unha Andaina Saudable e Solidaria en beneficio de Cáritas.

 

O evento será o sábado 21 de xullo en horario de tarde e as inscripcións permaneceran abertas ata o 18 de xullo. Os interesados poden facer efectivas as inscripcións na web www.carreirasgalegas.com ou ben de forma presencial nas oficinas do Concello da Laracha (2º andar) ou na Piscina Municipal.

 

A cuota é de 5 euros para as categorías absolutas e gratis para os menores de idade, incluindo para todos eles unha camiseta conmemorativa do evento. Cabe destacar que a metade da recaudación da andaina irá destinada a Cáritas de A Laracha.

 

Entre os servicios ofrecidos pola asociación organizadora cabe destacar o servicio de gardería con monitores para os máis pequenos, así como pinchos ao remate para tódolos asistentes.

 

A organizción móstrase moi satisfeita co ritmo que levan as inscripcións, xa que aínda queda bastante plazo para seguir aumentado a participación, e confían en superar a barreira dos 700 participantes da segunda edición, a cal foi todo un éxito.

 

O ano pasado foi Michel Antelo e Rocio Alvite os vencedores absolutos da proba, que este ano se presenta con máis competencia, dado que varios atletas de alto nivel xa confirmaron a súa presencia á organización do evento.

 

[Img #46185]

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress