Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 10 de julio de 2018 | Leída 28 veces

A segunda quenda do campamento de verán de Caión conta con medio centenar de participantes

De idades comprendidas entre os 12 e os 15 anos. Cubríronse todas as prazas ofertadas. O Concello asume os custes do transporte, o xantar e as actividades que se realizan no termo municipal....

[Img #46181]

 

Onte comezou a desenvolverse a segunda quenda dos campamentos de verán que organiza o Concello da Laracha organiza cada ano, sendo a praia de Caión o escenario da maioría das actividades que se están a levar cabo cos corenta nenos participantes, todos eles de idades comprendidas entre os oito e os once anos. Cada día, desde hoxe e ata o venres, o autobús cos rapaces e os monitores sae da praza do Concello ás 10:00 horas e regresa 18:00.

 

Nesta ocasión cubríronse a totalidade das prazas ofertadas e son cincuenta os rapaces de idades comprendidas entre os 12 e os 15 anos os que están a participar, practicando moi diversas actividades lúdicas, recreativas, educativas, culturais e deportivas.

 

Na primeira xornada, na que houbo un cursillo de iniciación ao surf e diversas actividades na praia, os rapaces recibiron a visita do alcalde, José Manuel López Varela, e da concelleira Patricia Bello.

 

Mañá realizarase unha saída ao parque acuático de Cerceda. O mércores contarase coa colaboración do Club SAL na organización e desenvolvemento dos obradoiros de salvamento e socorrismo. Pola tarde tamén realizarán un obradoiro de seguridade nas redes sociais. O xoves haberá unha xornada multiaventura en Padrón. E o venres, ruta de sendeirismo pola costa de Caión e xogos de orientación con GPS.

 

Neste campamento o Concello da Laracha asume os custos do transporte, do xantar e de todas as actividades que se realizan no termo municipal da Laracha.

 

Todos os anos o Concello da Laracha aposta por celebrar estes campamentos no marco do programa cultural e deportivo de verán aproveitando as instalacións municipais existentes en Caión e as características da vila, que permiten organizar un amplo abano de actividades nesta época do ano. Ademais de ofrecer ao nenos a posibilidade de divertirse practicando deporte e realizando actividades de tipo educativo, os campamentos son tamén unha importante axuda para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar dos seus pais durante as vacacións nos centros educativos.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress