Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 10 de julio de 2018 | Leída 19 veces

Aberto o prazo de inscrición nos programas de voluntariado que se realizarán no concello este verán

Preténdese promover a participación social da xuventude. Contarase cun máximo de 16 persoas, que obterán o certificado acreditativo da acción realizada. O programa realízase en cooperación coa Consellería de Política Social...

O Concello da Laracha abriu o prazo de inscrición para que mozos de entre 16 e 30 anos de idade poidan participar en dous programas de voluntariado xuvenil que se levarán a cabo neste verán no noso municipio e que estarán relacionados co apoio organizativo no desenvolvemento de actividades de tipo cultural, social, educativo e deportivo.

 

Os programas son promovidos polo propio Concello da Laracha e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Laracha. Póñense en marcha en colaboración coa Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

 

Así, por un lado o Concello da Laracha solicitou formar parte dun programa para que oito mozos voluntarios participen como persoal de apoio aos técnicos especializados na aula lúdica e nas actividades culturais e deportivas incluídas os programas municipais.

 

Por outra banda, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil tamén se acolleu a esta liña de axudas da Xunta de Galicia co propósito de que outros oito mozos voluntarios presten servizo á cidadanía a través de Protección Civil en eventos multitudinarios como a feira de Paiosaco, as festas do verán e, entre outros, nas xornadas de maior afluencia á praia de Caión.

 

En ambos casos os voluntarios recibirán a orientación, a formación e o apoio necesarios para o exercicio da súa actividade. Ao rematar a súa participación contarán cun certificado que acredite a súa colaboración e recoñecerá o seu valor social. Durante o desenvolvemento das xornadas de actividade, tamén percibirán unha compensación económica diaria que cubrirá os gastos de manutención e transporte

 

As persoas interesadas en formar parte de calquera destes dous programas pode ampliar información e formalizar a súa inscrición no Concello da Laracha. O prazo remata este venres, día 13 de xullo.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress