Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 7 de julio de 2018 | Leída 19 veces
Deputación da Coruña

O Quero Cantar recibe as primeiras maquetas para a súa terceira edición

Quero Cantar, o certame de música infantil e xuvenil que convoca a Deputación da Coruña ten aberto o prazo para enviar propostas ata o 19 de outubro. Desde a organización, animan a nenos e nenas e a mocidade a que aproveite o verán para compoñer un tema e envialo ao concurso…

[Img #46173]

 

Desde a área de Cultura e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña recordan que entre os premios do concurso están a posibilidade de participar nun disco recompilatorio, tocar en directo no Teatro Colón da Coruña, gravar un videoclip ou recibir unha cantidade para a compra de material que pode ser de 1500 €, 1000 € e 500 €, para as tres persoas ou grupos clasificados en cada categoría. A convocatoria está aberta a grupos e solistas de toda Galicia.

 

As persoas interesadas poden obter máis información e contactar coa organización a través da páxina web www.querocantar.gal e das redes sociais do concurso.

 

Nesta mesma páxina decontado se han poder escoitar as propostas máis madrugadoras desta terceira edición. Polo momento aínda están dispoñibles no sitio as maquetas recibidas nas anteriores edicións; pódense descargar ademais os discos editados coas cancións finalistas e ver os videoclips cos que o anos pasaddo foron premiados os temas "Son muller", do grupo xuvenil Máis boas cás patacas de Teo, e "Quero xogar", do grupo infantil Os nenos da vella da Coruña.

 

Esta edición do 2018 rematará o sábado 17 de novembro, coa gala final que coma sempre se ha desenvolver no teatro Colón da Coruña. Tras ela, un xurado formado por nenas nenos será o encargado de decidir as cancións gañadoras.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress