Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 7 de julio de 2018 | Leída 24 veces
Deputación da Coruña

Cen nenos e nenas das comarcas da Coruña, Betanzos e Ferrol gozaron do primeiro campamento deportivo da Deputación

Os rapaces practicaron en numerosas actividades deportivas e lúdicas e visitaron algún dos principais atractivos turísticos da cidade da Coruña. Catrocentos nenos e nenas dos 93 concellos coruñeses participarán este verán no colexio Calvo Sotelo nos campamentos da Deputación...

[Img #46172]

 

A primeira quenda dos campamentos deportivos de verán da Deputación da Coruña rematou este venres e contou coa participación de cen nenos e nenas dos concellos de Abegondo, Ares, Betanzos, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Irixoa, Mañón, Miño, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Paderne, Pontedeume, As Pontes, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño, e Vilarmaior.

 

Durante a súa estadía, os rapaces e as rapazas contaron cun amplo programa de actividades que incluíu dende actividades náuticas, sendeirismo, fútbol, tenis, voleipraia, voleibol, baloncesto, aeróbic ou baile ata a visita a lugares de interese como á Torre de Hércules, o castelo de San Antón, a Casa das Ciencias, o Aquarium Finisterrae e o xardín de San Carlos.

 

O programa cultural completouse con veladas nocturnas nas que os nenos e nenas desenvolveron actividades e xogos de cara a fomentar a comunicación, a convivencia, o intercambio experiencias e o respecto polos demais.

 

O domingo comeza a segunda quenda

Este domingo comeza a segunda quenda que se desenvolverá ata o 13 de xullo e na que participarán de novo 100 nenos e nenas dos concellos de Aranga, Arteixo, Arzúa, Bergondo, Boimorto, Cambre, Carra, Coirós, Culleredo, Curtis, Frades, Melide, Mesía, O Pino, Oleiros, Ordes, Oroso, Oza-Cesuras, Sada, Santiso, Sobrado, Toques, Touro e Vilasantar.

 

Os campamentos están destinados a nenos e nenas de entre 9 e 14 anos de idade (ambas incluídas) e desenvólvense no centro Calvo Sotelo, no concello da Coruña, en catro quendas: a primeira, xa rematada, do 1 ao 6 de xullo, e as sucesivas, do 8 ao 13 de xullo, do 15 ao 20 de xullo e do 22 ao 27 de xullo.

 

En cada quenda participan un total de 100 rapaces e rapazas que están supervisados en todo momento por 10 monitores titulados e unha directora de campamento.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress