Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 6 de julio de 2018 | Leída 27 veces
Deputación da Coruña

A Rede Cultural da Deputación da Coruña leva case setecentas actuacións ao verán dos concellos

A Rede Cultural da Deputación da Coruña ofrece case setecentas acutacións nos meses de xullo e agosto ao longo de todo o territorio. Música, danza, teatro, e demais manifestacións artísticas chegarán aos concellos a través do circuito cultural da Deputación...

[Img #46163]

 

Cun orzamento de case dous millóns de euros, a Rede Cultural da Deputación da Coruña promove ao longo do ano 2018 un total de 1.797 actuacións das que 686 se desenvolven nos meses de xullo e agosto.

 

O mes de xullo será o que maior número de actividades albergue do calendario da Rede Cultural 2018, ao rexistrar 384 espectáculos. Neste sentido, é salientable a intensa actividade cultural que terá lugar na semana grande de Galiza, do 23 ao 29 de xullo, onde se levarán a cabo 86 eventos. Así mesmo, agosto achegará ás vilas e pobos da Coruña un total de 302 actuacións espalladas entre espectáculos de música, cine, teatro ou danza, cos que desde a Deputación da Coruña, en colaboración cos seus concellos, se pretende facer chegar a Cultura a todos e cada un dos recunchos da provincia, e impulsar así o lema que promove a área de Cultura da deputación, a Cultura é un dereito.

 

A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, apuntou que “a idea é que toda a nosa veciñanza poida gozar da cultura en igualdade de condicións, máis alá dos recursos dos que dispoña cada municipio”, a través dun circuito que, segundo engadiu, “quere fomentar o traballo e os proxectos das nosas creadoras e artistas e difundir a produción cultural de maneira ampla, seguindo o noso lema de que a cultura é un dereito”.

 

Co obxectivo de potenciar o desenvolvemento de actividades culturais por todo o territorio, difundir a cultura galega, e seguir a incrementar a participación das veciñas e veciños nos espectáculos, a web da Deputación pon por primeira vez a disposición da veciñanza "unha axenda na que se inclúen a totalidade dos espectáculos do circuíto cultural", e na que se poden consultar os emprazamentos e os horarios das actuacións.

 

Así,  o calendario da Rede Cultural 2018 pódese consultar na seguinte ligazón da web Deputación da Coruña que ofrece a posibilidade de distintas búsquedas, entre elas, por concellos: https://www.dicoruna.es/dicoruna-subtel/redcultural/agenda

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress