Lembra que o Goberno galego está a cumprir o compromiso de manter a galeguidade dos sectores estratéxicos da nosa economía: “o cumprimos cando traballamos por unha única caixa, unha caixa de aforros solvente e galega, e traballamos tamén para que esta empresa de gas teña a maioría de capital galego”...
O presidente do Goberno galego destacou, onte, a aposta da Xunta por “manter a maioría de capital galego” en Reganosa ao igual que fixo coas caixas de aforro. “A Xunta –dixo- fará todo o posible para manter o capital social de Reganosa dentro dos grupos que están radicados en Galicia. Espero e desexo que esta operación mercantil poda finalizar mantendo o capital galego; e a Xunta fará todo o posible para que se manteña capital galego e a maioría das accións dentro de empresas e, neste caso, institucións que teñan como referente a Galicia”.
O titular do Executivo galego afirmou que, “desde que se coñeceu a decisión de que Endesa ía vender o seu capital así como as caixas, o Goberno galego empezou a traballar e a buscar, dentro dos socios de Reganosa, un acordo para manter a maioría do capital galego dentro desta empresa gasística, a única –matizou- que ten capital galego neste momento”.
Feijóo lembrou que o Goberno galego está a cumprir o compromiso de manter a galeguidade dos sectores estratéxicos da nosa economía. “O cumprimos –reiterou- cando traballamos por unha única caixa, unha caixa de aforros solvente e galega, e traballamos tamén para que esta empresa de gas teña a maioría de capital galego”.