Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 5 de julio de 2018 | Leída 51 veces
cambre

Destemplados, Ronin, Sin City Devils, Coyote, Wetsocks e The North Groves teloneiros deste ano do Rock in Cambre

O deseño gañador das camisetas para esta edición foi o de Daniel Martín González…

[Img #46160]

 

A Concellaría de Cultura fixo público onte o resultado dos concursos relacionados co Rock in Cambre: o certame do deseño das camisetas desta edición e os teloneiros que actuarán este ano na cita musical de agosto.

 

Respecto ao I Concurso para o deseño da camiseta da XXVII edición do festival Rock in Cambre, o xurado, composto por Luis Cao Mahía, Úrsula Prego Regueiro e Alberte Sánchez Regueiro, determinou, finalmente, que o deseño gañador fose o de Daniel Martín González.

 

En canto ao Concurso de teloneiros, o xurado encargado de seleccionar os grupos que actuarán como teloneiros na XXVII edición do festival Rock in Cambre analizou os nove grupos presentados á convocatoria. Deses nove grupos foron seleccionados os seguintes: Destemplados, Ronin, Sin City Devils, Coyote, Wetsocks e The North Groves.

 

O xurado estivo composto por recoñecidas figuras do mundo musical en Galicia como Nonito Pereira (xornalista, produtor, etc.), Xosé Manuel Pereiro (voz do mítico grupo Radio Océano, entre outras cousas) e Luis Cao Mahía (gaiteiro).

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress