Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 5 de julio de 2018 | Leída 19 veces
Deputación da Coruña

A Galipedia e Pirilampo gañan o Premio Rosalía de Castro de promoción da lingua da Deputación da Coruña

O Premio Rosalía de Castro de Lingua da Deputación da Coruña recaeu na súa novena edición na Galipedia na categoría de colectivo, entidade ou asociación que destaca na promoción da lingua galega e no grupo musical Pirilampo na modalidade que premia proxectos ou iniciativas que traballan con tramos de poboación de menor idade, infancia e mocidade...

[Img #46154]

 

O xurado da novena edición do Premio Rosalía de Lingua, que se reuniu onte mércores na Deputación da Coruña, estivo composto polas técnicas de normalización lingüística do Concello da Coruña e da Universidade da Coruña, Nuria Seoane Bouzas e Marisol Ríos Noia ademais de por Anxa González Refoxo, da AS-PG e Rosa Moreiras Cuñarro, da CTNL, como representantes dos proxectos gañadores na edición anterior. O xurado estivo presidido pola vicepresidenta e responsábel da área de Cultura e Lingua da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei e actuou como secretaria a técnica de normalización lingüística da Deputación da Coruña, Dores Sánchez Alegre. 

 

O xurado estimou que o grupo Pirilampo merece o Rosalía de Castro "pola súa traxectoria consolidada no tempo de transmisión da lingua entre a xente miúda coa implicación das familias e das escolas". Destaca tamén o seu labor de "achegar á infancia á realidade máis próxima dun xeito positivo, lúdico, moderno e divertido" e por "contribuír con novos materiais á socialización da infancia en lingua galega".  

 

Por outra parte, da Galipedia o xurado destaca a súa condición de ser "un proxecto dinámico, amplo e en constante actualización que chega e implica a moitos e diversos sectores da poboación e que promove a visibilización e o prestixio da nosa lingua, tanto dentro como fóra de Galiza".  Valoran tamén que Galipedia sexa un "proxecto colaborativo, aberto á participación e caracterizado pola diversidade (xeográfica, de idade, de intereses, de xénero...) ademais de "contribuír a divulgar o coñecemento desde unha perspectiva propia como galegas e galegos para transmitir a nosa visión do mundo e difundir a nosa realidade como pobo". 

 

O pasado ano o proxecto Apego e a AS-PG foron os gañadores do Premio Rosalía de Castro de Lingua.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress