Os cursos para comerciantes do concello de Arteixo abren o seu prazo de inscrión...
O Concello de Arteixo abre dende hoxe mesmo, e até o día 15 de setembro, o prazo de inscrición nos cursos para comerciantes organizados dende a Concellería de Emprego, destinados a promover e incrementar as capacidades dos profesionais do comercio do municipio.
Os cursos contarán con tres temáticas diferentes, en datas non simultáneas:
VISUALMERCHANDISING
Datas impartición: 20, 21, 22 e 23 de setembro.
Horario: luns, martes, mércore e xoves, de 20:45 a 22:45
EMPAQUETADO
Datas impartición: 27 de setembro ao 6 de outubro
Horario: luns, martes e mércores de 20:45 a 22:45
ESCAPARATISMO
Datas impartición: 18 de outubro a 22 de novembro
Horario: luns, martes e mércores de 20:45 a 22:45
Os interesados en tomar parte nestes cursos poderán contactar dende hoxe mesmo coa Axente de emprego, a través do teléfono 981.640.836, ou ben no correo electrónico beatriz.garcia@arteixo.dicoruna.es