Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 14 de junio de 2018 | Leída 21 veces
Deputación da Coruña

O Plan de Emprego da Deputación financia a contratación de catro traballadores no Concello de Abegondo

O BOP publicou onte as bases da convocatoria para a selección de un albanel, dous peóns de obras públicos e un peón forestal que se integrarán a cuadrilla de obras e servizos mínimos municipais...

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou onte as bases do proceso selectivo para a contratación de un albanel (oficial de segunda), dous peóns de obras públicas e un peón forestal no Concello de Abegondo.

 

Os custos laborais e de seguridade social serán asumidos pola Deputación da Coruña a través da liña de apoio aos concellos do Plan de emprego local (PEL-Concellos).

 

No referente aos catro operarios seleccionados, estes estarán integrados na cuadrilla de obras e servizos mínimos municipais.

 

Destinado a desempregados/as con dificultades para a integración laboral

Entre os requisitos que deben cumprir os/as aspirantes a estes postos de traballo, figuran ter cumpridos os 16 anos de idade e estar inscritos no Servizo Galego de Colocación como demandantes de emprego.

 

Así mesmo, a Deputación esixe nas bases do programa que a contratación beneficie especialmente a aqueles colectivos máis afectados polo desemprego: maiores de 45 anos, parados de longa duración, persoas cun grao recoñecido de discapacidade, persoas pertencentes a fogares con todos os seus membros en paro, vítimas de violencia de xénero, persoas en risco de exclusión social ou mulleres, dado que o índice de paro rexistrado entre as mulleres é sensiblemente superior ao dos homes.

 

Dentro destes colectivos, outorgaranse puntos extra a aquelas persoas que teñan rematado favorablemente programas de capacitación, formación e integración no mundo laboral organizados ou financiados polas administracións públicas.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress