Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 14 de junio de 2018 | Leída 9 veces

O Concello construirá beirarrúas na 2ª e 3ª travesías Eusebio Bértoa e mellorará estradas en 4 parroquias

Así o ratificou onte a Xunta de Goberno Local. As actuacións serán cofinanciadas con fondos municipais e do POS Complementario. En total suman un investimento de 314.000 euros...

Na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local celebrada onte foron ratificados os proxectos que o Concello da Laracha inclúe no plan provincial POS+ 2018 Complementario e que serán cofinanciados con fondos municipais e a achega da Deputación da Coruña.

 

As actuacións deseñadas polo executivo local son dúas diferenciadas. Por unha parte, continuarase a desenvolver o plan de humanización do casco urbano da capital municipal da Laracha construíndo beirarrúas na 2ª e 3ª travesías Eusebio Bértoa Queijo. Os dous tramos, que tamén serán dotados coa rede de recollida de pluviais, alcanzan conxuntamente os seiscentos metros de lonxitude e terán unha amplitude de dous metros. Deste xeito mellorarase a seguridade viaria ao ofrecer un ámbito exclusivo para peóns e diferenciado da calzada nunhas vías que comunican o centro da vila coas inmediacións do CEIP Otero Pedrayo.

 

Por outro lado, realizarase un segundo proxecto a través do que serán melloradas seis estradas rurais de titularidade municipal situadas nas parroquias de Erboedo (desde o cruce de A Fraga ata Vista Alegre), Lemaio (entre O Ramo e O Igrexario), Torás (desde a estrada provincial DP-1913 ata o núcleo de Estramil) e Vilaño (vías situadas nos lugares de A Fonte da Canle, Marfulo e Quintáns).

 

Entre ambos proxectos o investimento total ascende a 314.000 euros, dos que o Concello da Laracha aportará 82.000 euros procedentes de fondos municipais.

 

A Xunta de Goberno Local tamén acordou onte conceder dúas licencias urbanísticas.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress