Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 14 de junio de 2018 | Leída 13 veces
Deputación da Coruña

Trinta deportistas galegas “Conquistan os elementos” coa campaña de visibilización do deporte feminino da Deputación da Coruña

A campaña de difusión e visibilización do deporte feminino “Conquista os elementos”, que promove a área de Benestar Social e Igualdade da Deputación da Coruña, segue a romper barreiras e superar obstáculos para a igualdade tras sobrepasar ecuador da súa programación, e ser presentado en 13 concellos da provincia. Máis de trinta deportistas participan na iniciativa...

[Img #45968]

 

Desde o pasado mes de setembro, en que botou a andar a campaña da institución provincial, a iniciativa xa contou coa colaboración de máis de 30 persoas vencelladas co mundo do deporte, para levar a cabo os diferentes video-forums cos que a Deputación da Coruña procura impulsar e incrementar a visibilidade das mulleres deportistas por todo o territorio.

 

Entre as figuras do deporte feminino galego que xa participaron no proxecto Conquista os Elementos, atópanse xogadoras de fútbol como Nerea Carballo, Vero Boquete e Iris Arnaiz; as atletas Laura Delgado e Alejandra Carro, a xogadora de kayak Polo, Mercedes Blanco; o adestrador de baloncesto Adrian Dios; ou a ximnasta, Thais Pazos.

 

A deputada e responsábel da área de Igualdade da Deputación da Coruña, Ánxela Franco, sinalou que unha das premisas da campaña é “reivindicar a igualdade efectiva entre os homes e mulleres deportistas” ao tempo que denunciou a “a escasa atención” que lle prestan os medios de comunicación aos éxitos que colleitan as mulleres no deporte.

 

Até o de agora, os concellos de Santiago, Carballo, Muros, Ortigueira, Negreira, Padrón, Cambre, Cee, Porto do Son, Ames, Vimianzo, Arteixo e Arzúa, xa acolleron cadansúa charla-coloquio sobre mulleres e deporte. Nestes encontros ademais de porse de manifesto a realidade das deportistas galegas, tamén se evidenciou a necesidade de apoiar e promover o deporte feminino.

 

Deste xeito, e antes de que remate o presente curso académico, o programa “Conquista os Elementos” visitará o IES Nº1 de Ribeira o 29 de maio; o Coliseo Noela de Noia o 12 de xuño; a Casa do Peso das Pontes o 13 de xuño; e o Edificio Multiusos do Recinto Feiral de Santa Comba o 18 de xuño. Tras o periodo estival, a campaña voltará aos centros educativos doutros dez concellos.

 

O programa "Conquista os elementos" da Deputación da Coruña está deseñado segundo a modalidade vídeo-forum, comezando cada un dos eventos coa proxección do documental “Contra os elementos”. Así, esta actividade precede a charla-coloquio en que mulleres deportistas e persoas representativas do mundo do deporte, interactúan co público para analizar o binomio mulleres e deporte.

 

"Conquista os elementos” persegue unha serie de obxectivos entre os que se atopan: fomentar á participación da muller no deporte, promover cambios nos medios de comunicación á hora de abordar a información deportiva feminina –tanto no tempo que lle adica como na linguaxe escrita e icónica que emprega-, coeducar en valores como a igualdade de oportunidades, eliminar estereotipos ou promocionar a equiparación entre o deporte feminino e masculino.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress