Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 13 de junio de 2018 | Leída 14 veces

Ovidio Rodeiro destaca que as liñas de axuda de Turismo aos concellos deixarán este ano na comarca de Carballo-Costa da Morte 239.000 euros

O delegado territorial da Xunta na Coruña informou destas axudas que reciben os concellos para mellorar a calidade da súa oferta e promover as súas festas. Este ano, ampliáronse os conceptos subvencionables, incluíronse actuacións de embelecemento dos accesos, das contornas, dos Bens de Interese Cultural, xa declarados ou en proceso de selo, e iniciativas de posta en valor turístico...

[Img #45965]O delegado territorial da Xunta na Coruña participou nun encontro de traballo para avanzar no Plan Estratéxico de Turismo Rural de Galicia, realizado no xeodestino de Costa da Morte (Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Coristanco, Corcubión, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas). Ovidio Rodeiro fixo balance das principais liñas de axudas que este ano abriu Turismo de Galicia, que dirixe Nava Castro. Concretamente, na comarca de Carballo-Costa da Morte percibirán 239.772 euros para acometer obras de mellora de accesibilidade, sinalización ou acondicionamento das súas infraestruturas turísticas e para as súas festas declaradas de interese turístico galego.

 

A esta cantidade hai que sumarlle o que aportan os propios concellos o que suporá que na comarca se investirán 362.000 ao abeiro destas axudas. Estas partidas inclúense dentro dunha convocatoria para toda Galicia na que Turismo investirá na nosa provincia más dun millón de euros.

 

Tal e como explicou Ovidio Rodeiro, para afondar na colaboración coa administración local, Turismo de Galicia ampliou este ano os fondos dirixidos aos concellos. A liña para melloras nas infraestruturas incrementouse en 2018 un millón de euros, ata os 2,5 millóns. Ademais, mentres que ata agora procedían de fondos europeos, agora pasan a ser fondos propios.

 

O apoio aos concellos centrouse en 12 proxectos na comarca de Carballo-Costa da Morte Entre os investimentos máis importantes destacan a rehabilitación do centro de interpretación de Buño para uso turísticos, a mellora de sinalización de recursos turísticos en Muxía, a mellora de accesibilidade e sinalización aos recursos turísticos de Ponteceso ou a iluminación do paseo marítimo da praia de Langosteira en Fisterra, entre outras actuacións.

 

Máis de 200 entidades locais de toda Galicia beneficiáronse os dous últimos anos destas axudas. Este ano, ampliáronse os conceptos subvencionables, pois ademais de sinalización e accesibilidade dos recursos, incluíronse actuacións de embelecemento dos accesos, das contornas, dos Bens de Interese Cultural (BIC), xa declarados ou en proceso de selo, e iniciativas de posta en valor turístico.

 

Nas convocatorias de Turismo se inclúen tamén as subvencións aos concellos para o apoio, promoción e difusión para as festas declaradas de interese turístico de Galicia, que este ano 2018 conta cun crédito orzamentario de 306.000 euros para toda Galicia.

 

Na área de Carballo-Costa da Morte recibirán unha axuda de 3.000 euros a través de Turismo de Galicia a XXVIII Mostra do Encaixe de Camariñas, a Semana Santa de Fisterra, a Festa das Cereixas de Paiosaco, a Festa do Naufraxio de Laxe, a Romaría de Santo Hadrián de Malpica, a Festa do Percebe do Roncudo, a Romaría San Fins do Castro e a Faguía de Carnés.

 

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress