Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 13 de junio de 2018 | Leída 79 veces
cambre

O XXVII Rock in Cambre 2018 contará con Heredeiros da Crus, Siniestro Total, Marky Ramone, Banda Bassoti, Os resentidos e Radio Océano o 3 e 4 de agosto

Haberá actividades complementarias como a presentación de discos e libros, faladoiros da historia rock, e tamén a continuidade do “Rock on the Road”, o camión no que os grupos locais actuarán por diferentes municipios da nosa comarca. Asemade, este ano o festival recupera a posibilidade de acampar na zona da piscina do Balado, e organizará actividades paralelas…

[Img #45959]

 

A Casa da Cultura acolleu a presentación do Festival Rock in Cambre 2018 na que participaron os edís de Cultura e Deportes, Daniel Carballada e Brais Cubeiro; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goreti Sanmartín; e destacadas personalidades da cultura galega como Xosé Manuel Pereiro e Antón Reixa.

 

Segundo os propios músicos, destaca o extraordinario cartel desta edición na que tomarán parte o venres 3 de agosto Radio Océano (un dos grupos coruñeses que marcaron estilo nos anos oitenta), Heredeiros da Crus, Siniestro Total, Marky Ramone (batería da mítica banda neoyorquina Ramones) e tres grupos locais. E xa o sábado 4 de agosto actuarán Stratos Vlc, Os Resentidos, Angelus Apatrida, Banda Bassotti e tres grupos locais.

 

Cubeiro anticipou as novidades deste festival nas que destacou actividades complementarias como a presentación de discos e libros, faladoiros da historia rock, e tamén a continuidade do “Rock on the Road”, o camión no que os grupos locais actuarán por diferentes municipios da nosa comarca. Asemade, este ano o festival recupera a posibilidade de acampar na zona da piscina do Balado.

 

Carballada salientou a gran aposta polo festival que leva a cabo o departamento de Cultura. “Ten que medrar ano tras ano e por iso apostamos por grupos de rock da nosa cultura e grandes bandas do panorama internacional conxugadas con actividades paralelas que poñan en valor a historia deste evento musical”.

 

Pola súa banda, a videpresidenta da Deputación lembrou a gran inversión en canto a subvencións que lanzou o ente provincial para potenciar os eventos musicais galegos e destacou o papel do Rock in Cambre coma un evento que e referencia nos festivais de rock da época estival. A deputación aportará preto de 35.000 euros para o Rock in Cambre.

 

Por outra banda o Concello de Cambre publicou as bases para a  participar na selección de grupos que actuarán de “teloneiros” no Rock in Cambre 2018. Co obxectivo de ofrecer ás bandas locais a posibilidade de actuar no Rock in Cambre organizouse a selección de grupos de Cambre de estilo musical pop-rock-fusión para actuar coma teloneiros no evento deste ano, que se celebrará o primeiro fin de semana de agosto.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress