Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 12 de junio de 2018 | Leída 31 veces

A Deputación destina 758.000 euros ás escolas de danza, conservatorios, museos e centros de intepretación dos concellos

A área de Cultura da Deputación da Coruña destina un orzamento de 358.774 euros ao programa de subvencións para o mantemento de conservatorios e escolas de música e danza municipais durante o 2018. A esta convocatoria súmase a destinada á contratación de persoal para museos e centros de interpretación, cun orzamento de catrocentos mil euros…

[Img #45948]A liña de subvencións para centros de formación municipais nos ámbitos da música e a danza da Deputación da Coruña apoiará o funcionamento de 31 centros en 29 concellos da provincia que solicitaron subvención a través da liña de concorrencia competitiva.

 

A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, apuntou que dende a institución “consideramos fundamental manter e reforzar o apoio a centros que son fundamentais para a formación en materia artística e para facilitar o acceso a poboación dos concellos”. Detacou tamén que as esclas e conservatorios "ademais da función dinamizadora que realizan tamén son un garante para o futuro da nosa cultura, ao seren centros de onde saen artistas do mañá”.

 

400.000 euros para contratar persoal técnico en museos e centros de interpretación

Xunto coa liña de apoio ás escolas de música e danza municipais, a área de Cultura da Deputación da Coruña vén de resolver a concesión de axudas do programa de subvencións FO216, cuxo obxectivo é financiar a contratación de persoal técnico nos museos e centros de interpretación, e da que neste 2018, se beneficiarán un total de 40 entidades municipais da Coruña.

 

Cun orzamento de 399.204 euros, os museos e centros de interpretación dos concellos poderán contratar a profesionais e persoal técnico cos que optimizar a atención que prestan aos seus visitantes. Así, as achegas económicas da Deputación da Coruña conlevarán a sinatura de corenta contratos cos que se dinamizará e profesionalizará a atención dos espazos culturais municipais.

 

"Tanto unha como a outra liña supón contribúen á creación de emprego no sector cultural e, de maneira especial, á profesionalización do dos centros destinamos á promoción da cultura", sinala Goretti Sanmartín.

 

Entre a listaxe de entidades beneficiarias da liña de axudas da Deputación, na Comarca da Costa da Morte, atopamos centros como o de interpretación dos Muíños da Laracha (5.333 € ), Museo Man de Camelle (13.502 €) , Museo do Encaixe de Camariñas ( 14.466 €), Museo de Bergantiños de Carballo (12.944 €), Museo de Carnota (7.114 €), Centro de Interpretación e Rutas Monte Pindo de Dumbría (7.007 €), Museo da Pesca de Fisterra (6.745 €), Museo do Mar de Laxe (9.199 €), Museo de Malpica de Bergantiños (8.000 €), Museo do Voluntariado de Muxía (5.029 €), Ecomuseo de Cerceda (11.000 €), Museo de Ponteceso ( 10.000 €), o Museo de Vimianzo ( 13.573 €)e a Ruta Pazos Barrocos de Zas ( 5.267 €).

 

Na área da Barbanza concédense axudas para a contratación de persoal aos Muíños das Mareas de Muros (14.000 €); dous centros no concello de Porto do Son: o Museo da Memoria Mariñeira ( 13.000 €) e oCentro de Interpretación do Castro de Baroña (13.000 €); outros dous en Rianxo: a Aula Activa do Mar ( 9.718 €) e a Casa de Manuel Antonio (10.466 €); e dous máis en Ribeira: o Museo Municipal (11.000 €) e o Centro de Interpretación Arqueolóxica de San Roque( 13.000 €). Ademais, reciben axuda na área o Centro de Interpretación Minas de San Finx de Lousame (6.819 €), o centros da Pobra do Caramiñal (13.000 €) e o Centro de Interpretación Arqueolóxica dos Castros de neixón de Boiro (17.000 €).

 

Na comarca de Ferrolterra, a Ecoescola das Campeiras das Pontes de García Rodríguez (9.432 €), os Centro de interpretación de Ortigueira (8.824 €), o Museo do Humor de Fene (17.000 €), o Museo do Surf de Valdoviño (12.982 €), os centros de interpretación da Revolución Irmandiña de Moeche (15.000 €), os centros de Interpretación de Cedeira (7.500 €) e Pontedeume (8.328 €) son os beneficiarios das axudas da Deputación da Coruña.

 

En canto á área de Santiago, acóllense á liña o Centro de Estudos Camiño Inglés de Oroso (10.000 €) e o Centro de Interpretación Río Ulla en Touro (4.340 €).

 

Finalmente, na comarca da Coruña, terán persoal especializado coa axuda da Deputación o Centro de interpretación Muíño Vello de Arteixo (7.500€), o Museo de Cambre (7.200 €), a Colección Castro das Travesas de Carral (4.599 €), o Museo os Oleiros José Mª Kaydeda de Oleiros (13.000 €), a Aula do Mar de Oleiros (6.086 €), o Museo das Mariñas de Betanzos (12.561 €) e a Aula da Ría de Paderne (4.658 €).

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress