Viernes, 3 septiembre 2010

Preto de mil persoas participaron nas actividades de verán

Enviar por email

Coa chegada do mes de setembro e o inminente comezo do novo curso escolar o Concello da LARACHA. Laracha deu por finalizado o seu programa de actividades de verán que organizou durante os meses de xullo e agosto a través da Concellería de Cultura e Deportes que dirixe a edil Patricia Bello...


LARACHA. Neste ano a participación por parte dos veciños da Laracha nas actividades propostas durante os meses de xullo e agosto experimentou un incremento en torno ao dez por cen con respecto ao programa de 2009, alcanzando a cifra dos mil participantes.A inmensa maioría deles foron nenos e adolescentes dado que, aínda que existiron actividades dirixidas a todos os públicos, o principal obxectivo do Concello da Laracha no desenvolvemento deste programa de verán e ofrecer alternativas de ocio aos mozos durante o verán, optimizando o seu tempo libre e facilitando a conciliación da vida persoal e laboral dos membros das súas familias

A actividade máis multitudinaria foi o Día da Bicicleta, cun percorrido a dúas rodas desde A Laracha a Caión pasando previamente por Paiosaco e tocando, así, os tres cascos urbanos do municipio. Foron 300 persoas as que realizaron esta ruta organizada polo Concello da Laracha durante a mañá do pasado domingo 8 de agosto.

As principais novidades no programa de verán deste ano foron as xornadas multideportivas desenvolvidas nas instalacións do Campo Municipal de Fútbol da Laracha e o cursillo de bodyboard que se impartiu a finais de agosto na praia de Caión e que contou cunha boa acollida e un número duns trinta participantes. Esta proposta foi a primeira vez que se incluíu no calendario de actividades e ante a boa aceptación obtida estudarase mantela en próximas edicións da programación estival.

Salientar, tamén, a boa aceptación das actividades que tradicionalmente se ofertan durante o verán, tales como os campamentos que se desenvolven principalmente en Caión –que este ano contaron cun total de 90 rapaces- e as saídas ao parque acuático de Cerceda –neste verán obtívose unha participación récord de 180 nenos-.

O programa completouse coa terceira edición do campus de futbol (80 participantes) que tivo unha duración dunha semana, a segunda do campus de baloncesto (30 inscritos) con tres días de actividade, a ruta de sendeirismo desenvolvida en Caión, a tradicional saída ao río Eume para practicar o piragüismo, a visita cultural realizada ás Fragas do Eume e o torneo de fútbol 3x3.

¡Deje su comentario!
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2012 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS