Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 9 de junio de 2018 | Leída 55 veces

Feijóo apela ao talento e á formación dos mozos galegos para facer a Galicia do futuro

Asevera que a Xunta seguirá xerando certezas: certezas para as familias, conxelando as taxas universitarias; e para os estudantes, docentes e investigadores, coa posta en marcha das bolsas Concepción Arenal á excelencia académica. Destaca a incorporación de 14 novos títulos e a posta en marcha da estratexia de especialización dos campus...

[Img #45934]

 

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, apelou onte ao talento e á formación dos mozos galegos para facer a Galicia do futuro.

 

Durante o acto académico de graduación dos alumnos da VII promoción do Grao en Turismo e da VIII promoción do Grao en Administración e Dirección de Empresas da Facultade de Empresas e Turismo, Feijóo trasladou os parabéns aos estudantes “por rematar a vosa formación e escoller o voso propio camiño”, dixo.

 

Aos que recolleron hoxe o Grao en Administración e Dirección de Empresas o presidente da Xunta lembroulles que Galicia está a bater récords de exportacións, con máis de 6.000 empresas exportando ao resto do mundo e a nosa Comunidade leva varios anos crecendo de xeito sostido. E aos graduados en Turismo recordoulles que o pasado ano chegaron a Galicia máis de 5 millóns de turistas e que este sector emprega na actualidade a 100.000 persoas e representa o 11% do PIB galego.

 

O presidente da Xunta concluíu aseverando que a Xunta seguirá, pola súa banda, traballando e xerando certezas: certezas para as familias, conxelando as taxas universitarias por noveno ano consecutivo; certezas para os estudantes, docentes e investigadores, coa posta en marcha o vindeiro curso das bolsas Concepción Arenal á excelencia académica; certezas para os alumnos, mellorando o mapa de titulacións das universidades galegas para incluír 14 novos títulos, e emprendendo unha ambiciosa estratexia de especialización dos campus, un de cuxos referentes é o Campus da Auga.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress