Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 9 de junio de 2018 | Leída 57 veces
Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña apoia a celebración da Supercopa de Baloncesto en Santiago de Compostela

O pleno provincial aproba o convenio para financiar ao 50% co Concello de Santiago o patrocinio deste gran evento deportivo que se celebrará o 21 e 22 de setembro na capital galega. O pleno aprobou tamén un expediente modificativo de créditos con 11,5 millóns para investimentos en concellos, emprego e estradas…

[Img #45928]

A Deputación da Coruña e o Concello de Santiago traen a Supercopa de Baloncesto a Compostela o vindeiro mes de setembro.

 

O pleno da institución provincial celebrado onte aprobou, por unanimidade de todos os grupos políticos, o convenio de colaboración entre ambas institucións para financiar ao 50% os 242.000 euros que supón o patrocinio deste gran evento deportivo organizado pola ACB, que permitirá que a capital galega acolla a primeira competición oficial da tempada 2018/2019.

 

A Supercopa disputarase os días 21 e 22 de setembro no multiusos Fontes do Sar, onde o Monbús Obradoiro xogará coma anfitrión. Ademáis xogarán o FC Barcelona, campión da Copa do Rey; o Real Madrid, campión da Euroliga, e o Kirolbet Baskonia, calsificado a través da Liga Endesa.

 

A firma do acordó realizarase o vindeiro xoves 14 de xuño ás 12:00 horas no Concello de Santiago nun acto que contará coa presenza do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, o director xeral da ACB, José Miguel Calleja, o director territorial de Endesa, Miguel Temboury, o presidente do Monbus Obradoiro, Rául López, e a concelleira compostelana de Deportes, Noa Morales.

 

11,5 millóns para investimentos en concellos, emprego e estradas

O pleno provincial aprobou ademáis, por unanimidade de todas as forzas políticas, un expediente modificativo de créditos por importe de 11,5 millóns de euros procedentes de superávit de operación non financieiras do exercicio 2017 (8.363.150, 78 euros) e de remanente de tesourería (3.127.918, 77 euros).

 

Destes fondos, algo máis de 4,36 millóns de euros destinaranse a financiar numerosos investimentos financieiramente sustentables nos concellos da provincia, 4 millóns de euros a suplementar as partidas orzamentarias dos plans de vías provinciais, 785.145 euros a dotar de maiores recursos económicos ao Plan de Emprego Local e preto de 1 millón para subvencións a concellos e entidades de interese público da provincia da Coruña.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress