Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 9 de junio de 2018 | Leída 13 veces
Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña destina máis de medio millón de euros aos festivais organizados polos concellos

Un total de 539.584,94 € é o orzamento que a área de Cultura da Deputación da Coruña destina aos festivais de música, teatro e audiovisual organizados polos concellos. Esta cantidade duplicarase coa concesión de axudas a entidades que organizan festivais co que sumará un millón de euros...

[Img #45927]Vinteseis festivais organizados polos concellos recibirán este ano apoio da Deputación da Coruña para o desenvolvemento da súa programación no ámbito das artes escénicas, a música e o audiovisual.  En total serán un total de 539.584,94 € que se destinarán a algúns dos festivais con máis historia dos que se celebran nos concellos da Coruña e tamén a algúns de nova creación que se introduciron nos útimos anos no calendario de eventos culturais anuais.

 

"Desde a área de Cultura da Deputación consideramos que os festivais son unha extraordinaria plataforma de promoción cultural mais tamén unha canle estupenda para achegar a creación cultural á xente, na idea da cultura como dereito que defendemos", explica a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei.

 

A Deputación da Coruña convértese así na institución que aposta de maneira máis sólida polo apoio aos festivais, coa achega máis importante de orzamentos públicos á súa organización. "Para nós é clave non só para apoiar a difusión da nosa cultura senón para consolidar a realización de eventos que supoñen iniciativas de especial interese para o desenvolvemento económico e a promoción dos concellos", apunta Goretti Sanmartín.

 

Cineuropa e Curtocircuito de Santiago, o Festival Internacional de Cine Infantil de Ames, Carballo Interplay, Mares da fin do mundo, Mostra Internacional de Cinema Documental de Carnota, a Mostra de Curtametraxes Vila de Noia Chanfaina Lab de San Sadurniño ou o Festival de Cinema Premios Fouciño de Zas son os festivais organizados por concellos que teñen como obxectivo a promoción e difusión no ámbito audiovisual.

 

Na música, incúense algúns dos festivais con maior tradición na cultura galega como o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira ou o Festival do Queixo de Arzúa ademais de Festival Folk Guísamo, Rock in Cambre, Traz outro amigo também de Cedeira, Festival Internacional de Blues de Fisterra, Festival Internacional de Arpa Vila de Noia, Noia Jazz, Festival Desordes Sonoras de Ordes, Noites de Jazz de Rianxo ou o Asalto ao Castelo de Vimianzo.

 

Tamén en artes escénicas, a Deputación da Coruña promove a realización de festivais como o Vai de Rúa de Betanzos, a Mostra de Teatro de Cariño, Festival de Maxia de Lousame, Rúa Ext-cénica de Oleiros, o Festival Internacional de Títeres Consorcio As Mariñas ou a Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress