Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 9 de junio de 2018 | Leída 40 veces
natación

XIX encontro de natación Concello de Arteixo

Este domingo día 10 de xuño celébrase na Piscina Municipal de Arteixo a décimo novena edición do Encontro de Natación, organizado polo Club Natación Sarval Arteixo coa colaboración do Servizo Municipal do Concello de Arteixo e BeOne Arteixo. Será en sesión de mañá, dando comezo ás 11:00...

[Img #45924]

 

Máis de 190 nenos e nenas de 6 a 13 anos xuntaranse ese día para disfrutar dunha gran  xornada adicada ó deporte de base, xa que a competición vai dirixida ás categorías Benxamín e Alevín.

 

Neste evento participarán os seguintes equipos: Club Natación Coruña, Club del Mar, Club Natación Culleredo, Asociación Deportiva Náutico de Narón, Club Natación Ferrol, e finalmente como club anfitrión, o Club Natación Sarval Arteixo.

 

Nadaranse probas de 25 de cada estilo e 100 estilos para a categoría Benxamín. E probas de 50 metros de cada estilo e 100 estilos para a categoría Alevín. As remudas serán de 4x25 libre para os Benxamíns e de 4x50 estilos para os Alevíns. Entre estas probas, que puntuarán para a clasificación do campionato, faranse tamén unhas series de exhibición dos promesas do Club anfitrión, os máis pequenos e pequenas do equipo demostrando as súas mellores habilidades.

 

Farase entrega de agasallos para tódolos participantes, medallas para os tres primeiros clasificados/as de cada proba, e trofeo para o equipo campión por suma de puntos. Espérase a presenza de varias autoridades do Ilmo. Concello de Arteixo e representantes de BeOne Arteixo para a clausura e entrega de premios de este importante evento para a natación arteixana.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress