Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 9 de junio de 2018 | Leída 61 veces

Normas de xestión de permisos para as fogueiras San Xoan 2018

O departamento de Seguridade Cidadá do Concello de Arteixo establece as normas de seguridade para solicitar e celebrar as “Fogueiras da Noite de San Xoán 2018”. Estas mesmas normas fanse extensivas á celebración de Fogueiras durante o mes de xuño, sexa a noite do 23 o calquera outro día. Distinguirase entre a celebración de Cacharelas/Sardiñada en propiedade privada e na vía pública, neste último suposto onde só poderán celebrarse as solicitadas por colectivos ou asociacións…

Cacharelas en espazos públicos e privados

1) As persoas, organizacións e comunidades que desexen realizar unha cacharela na súa zona de residencia deberán presentar a solicitude correspondente no Rexistro Xeral do Concello dende o 11 de xuño ata as 14:00 horas do 22 de xuño, sinalando o nome, enderezo, teléfono e fotocopia do D.N.I. dos responsables da organización ou comunidade, así como todos os datos que constan no modelo de solicitude. As persoas responsables teñen que ser maiores de idade. Os particulares poderán tamén facer a súa solicitude a través da páxina web do Concello: www.arteixo.org .

 

2) A solicitude debe ir acompañada dun plano de situación do espazo público (no privado non se necesita plano) no que se vai a situar a cacharela, así como da situación de todos os elementos, que ademais da cacharela se coloquen no espazo autorizado.

 

3)  As/os organizadores deberán coidar os arredores e coñecer o número de teléfono de emerxencias, a saber: 112,  Bombeiros (981 602 740), Protección Civil (981 641 414) e Policía Local (092).

 

4) Zona urbana: O volume do combustible da cacharela non sobrepasará os 3 metros de perímetro, nin un metro de altura.

 

5) Rural: O volume do combustible da cacharela non sobrepasará os 6 metros de perímetro/diámetro nin 3 metros de altura.

 

6) A separación entre as cacharelas, edificios, árbores, vehículos e mobiliario urbano serán como mínimo de 12 metros, excepto no casco urbano.

 

7) Porase especial coidado de non situalas baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, así como que nos arredores non exista ningún local no que se almacene produtos inflamables.

 

8) Prohíbese a queima de neumáticos, plásticos, espumas de poliuretano, aceites, e en xeral de calquera substancia que ao arder desprenda fume tóxico.

 

9) En ningún caso se botarán ao lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (sprays), aínda que estean baleiros.

 

10) No suposto de que a cacharela/sardiñada ou análogo se faga sobre terreos de uso público pavimentados, asfaltados ou enlousados, os organizadores encargaranse, pola súa conta, de protexer o pavimento cunha capa de area de 10 cm. Así mesmo todos eles disporán nas proximidades dun extintor de polvo de 5kg.

 

  • A hora límite para rematar a celebración é as 03:30 horas da madrugada, de acordo co horario establecido no Decreto da Xunta de Galicia, para a celebración de festas e romarías populares.
  • Ao finalizar a cacharela e antes de abandonar o lugar da mesma, os responsables da organización coidarán de que as cinzas queden totalmente apagadas.
  • Será obrigatoria a limpeza do espazo autorizado ao remate da actividade, incluídos os elementos utilizados para o desenvolvemento do mesmo, inmediatamente despois de rematar a cacharela e/ou sardiñada.
  • Cumprir o establecido na Lei 11/2010, de 17 de decembro, de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade.

 

A concesión de solicitudes deberá ser aprobada no caso das cacharelas/sardiñadas na propiedade privada e no caso das cacharelas/sardiñadas na vía pública polo Concelleiro Delegado de Seguridade debendo de contar todas elas co visto bo do Servizo de Protección Civil e da Policía Local.

 

Prohíbese expresamente a celebración de Cacharelas de San Xoán nos seguintes lugares: Praza do Balneario, Campo da Festa, zonas peatonais do Concello, zonas axardinadas municipais.

  • O desenvolvemento de celebración das cacharelas e sardiñadas deberá axustarse ao permiso concedido e as ordenanzas municipais.
  • Nas cacharelas e sardiñadas que se celebran en espazos públicos, terán prioridade as Asociacións Veciñais e Culturais.
  • As organizacións atenderán as reivindicacións de Policía Local, Protección Civil e dos Bombeiros.

 

O cumprimento destas normas será verificado polo persoal do Servizo de Extinción de Incendios E Protección Civil que, se é o caso, dará conta á Policía Local das infraccións.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress