Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 8 de junio de 2018 | Leída 39 veces

Seis locais forman parte da primeira ruta de tapas ‘Caión a Bocados’ que se celebra do venres ao domingo

Ofrecerán elaboracións realizadas con produtos do mar ao prezo de 1 euro. Haberá ruadas nocturnas e teatro de rúa para amenizar as xornadas. Os consumidores participarán en sorteos de regalos doados polas empresas colaboradoras...

Desde hoxe venres e ata o domingo celebrarase a primeira ruta de tapas ‘Caión a Bocados’, unha iniciativa organizada polo Concello da Laracha e da que forman parte seis cafeterías e restaurantes desa localidade costeira.

 

Durante estas tres xornadas despacharanse tapas elaboradas con produtos do mar ao prezo de un euro e, ademais, en todos os locais ofrecerase acompañalas con copas de viño albariño (Alba) ou rioxa (Arienzo) por outros dous euros.

 

As elaboracións, que estarán dispoñibles o venres (de 20:00 a 23:30 h) o sábado (de 12:30 a 14:30 e de 20:00 a 23:30 h) e o domingo (de 12:30 a 14:30 h), son as seguintes:

 

  • Café-Bar Zarra: Empanada crocante de berberechos.
  • Restaurante O'Muiño: Caldo mariñeiro de fideuá con marisco.
  • Restaurante Porta Caeli: Chupito de gazpacho de sandía e xarda mariñada.
  • Parrillada Restaurante Beiramar: Cola de gambón sobre cama de ovo.
  • Café Asteria: Paté artesán de centolo.
  • Furna Atlántica: Tosta de sardiña afumada con tomate e queixo de Arzúa.

 

Para amenizar as xornadas, o venres e o sábado haberá ruadas nocturnas a cargo da Asociación Cultural Queiroga de Paiosaco e o domingo a mediodía, teatro de rúa na praza Eduardo Vila Fano con Saaabor!, un espectáculo familiar da compañía Culturactiva e protagonizado polos actores Fran Rei e Félix Rodríguez. Ademais, os consumidores que degusten as tapas participarán no sorteo de agasallos doados por empresas colaboradoras, que serán 6 ceas para dúas persoas nos locais participantes, doce lotes de dúas botellas magnum (Bodegas Carballo), unha cesta de produtos de limpeza (Prolimbe), un bautismo en pádel surf para dúas persoas (Golfiño Actividades Náuticas), dúas botellas magnum (Viños Tano), un queixo puro de ovella (Armando Silva e Hijos, S.A.) e un bautismo en surf para dúas persoas (Caión Surf House).

 

Con esta iniciativa, coa que se abre a temporada de verán en Caión, preténdese atraer turistas e visitantes, ademais de ofrecer un excelente escaparate aos seis participantes para mostrar ao público en xeral todas as posibilidades que ofrece o sector hostaleiro nesta localidade costeira.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress