Se convocan as subvencións a fondo perdido para a rehabilitación e renovación da calidade das vivendas no medio rural e conxuntos históricos de Galicia...
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
No diario oficial de Galicia de data 19 de Xullo pasado, publicouse a resolución do 1 de Xullo do 2010 do Instituto Galego de Vivenda e Solo, polo que se convocan as subvencións a fondo perdido para a rehabilitación e renovación da calidade das vivendas no medio rural e conxuntos históricos de Galicia.
Ademais da existencia de vivenda rural no conxunto dos concellos galegos, Galicia dispon de mais de 85 Concellos con Cascos Historicos que se estaban a aproveitar desta subvención co obxeto de potenciar e poñer en valor o seu patrimonio historico-artistico e arquitectonico. Esta tarefa, por parte de moitos Concellos, se estaba a levar a cabo dende fai anos con unha clara vocación política de conservación do mellor do noso patrimonio e dende a coordinación institucional.
Cada ano, o Goberno galego tense involucrado cada vez mais, e as subvencións a rehabilitacións e renovacións de vivendas eran cada vez mais importantes, permitindo o mantemento dunha dinámica de arranxo das edificacións moi beneficiosa tanto para a cidadanía en xeral como para a creación de emprego no ámbito das empresas da construcción. Na anterior lexislatura deuse un salto cualitativo moi importante, froito tamén do compromiso coa rehabilitación impulsado dende o Goberno de España a través do Ministerio de Vivenda, e as axudas foron solicitadas por un número moi importante de persoas, redundando todo elo nun mantemento e nunha mellora dos nosos Cascos Históricos certamente notable.
Así, no ano 2009 a subvención por “cédula de rehabilitación de calidade” tiña unhas subvencións máximas que non podian superar o 50% do orzamento total da obra que eran os seguintes:
Este ano, dentro das medidas fronte a crise, o Goberno de España ten decidido que as obras de rehabilitación estén exentas de pagar o IVE, para impulsar a actividade económica dun sector moi afectado pola actual situación económica e para seguir permitindo que os cidadáns que máis o precisan conten con axudas para ter unha vivenda digna e en condicións de habitabilidade, seguridade e accesibilidade concordantes coas necesidades actuais.
Fronte a esta actitude, o Goberno galego, a través da Resolución do 1 de Xullo, reduce de maneira irracional estas subvencións pasando as obras de rehabilitación de 24.000€ subvencionables a 6.600 €, e as de renovación de 30.000 € do ano 2009 a 8.800 € neste ano. Como podemos comprobar reducironse un 72% as subvencións a fondo perdido para os particulares, o que vai a provocar innumerables consecuencias todas elas de gran calado:
Por todo o exposto, o PLENO do CONCELLO DE ARTEIXO aproba a seguinte
PROPOSTA DE RESOLUCIÓN: