Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 7 de junio de 2018 | Leída 115 veces

Máis de 400 prazas para o campamento de verán da Piscina de Arteixo

A Piscina Municipal de Arteixo aproveita a estación estival para ofrecer os seus espazos a todos os nenos e nenas que queiran pasar un verán diferente cheo de deporte e diversión. Para iso ofrece mais de 400 prazas en campamentos...

[Img #45907]O obxectivo de BeOne, empresa que xestiona a Piscina, con estes campamentos, é crear un ambiente saudable e activo que se afaste do sedentarismo infantil. Os campamentos caracterízanse por unha oferta centrada no deporte onde nenos e nenas poderán gozar dunha ampla variedade de actividades acuáticas e outras como coreografías, psicomotricidade, multideporte, xincanas, excursións a praia… Ademais, os seus centros ofrecen a posibilidade de fomentar a participación en talleres creativos.

 

Estas actividades desenvólvense en horarios de mañá e contratables por períodos de quince días. Os horarios están planificados para fomentar a conciliación familiar e laboral para que os pais, que no verán traballen, poidan deixar aos seus nenos baixo a responsabilidade de persoal especializado en eventos infantís. Ademais ofrecen aulas matinais para os pais máis madrugadores. As idades para participar oscilan entre 5 e 15 anos, e ofrecen descontos especiais para os socios da instalación.

 

Para informarse de todo o relacionado co campamento, pódese acudir ao centro deportivo ou chamar ao 981 633 444.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress