Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 7 de junio de 2018 | Leída 24 veces
Deputación da Coruña

350 nenos e nenas participan no Torneo de fútbol sala “Memorial Héroes do Orzán”

O deputado da área de Deportes, García Liñares, destacou a “lección de humanidade, profesionalidade e valentía” do axentes e comprometeu a continuidade do apoio da Deputación ao torneo. As nais de dous dos policías falecidos agradecen a continuidade “dunha iniactiva tan bonita”, que fomenta entre os cativos valores como o deporte e o traballo en equipo. O campionato desenvolverase entre o 14 e 17 de xuño nos pavillóns do Ventorrillo e Novo Mesoiro, na cidade da Coruña...

[Img #45903]

 

Máis de 350 nenos e nenas entre os 6 e 12 anos pertencentes ás distintas categorías base (prebenxamín, benxamín, alevín, infantil feminino e Special Olympics) de máis de 35 clubes de fútbol sala galegos, participarán entre o 14 e 17 de xuño no Torneo de fútbol sala “Memorial Héroes do Orzán 2018”, que se desenvolverá nos pavillóns deportivos do Ventorrilo e Novo Mesoiro, na cidade da Coruña

 

A nova edición do torneo foi presentada esta mañá na sede da Deputación da Coruña polo deputado responsable da área de Deporte e Xuventude da institución provincial, José García Liñares; o presidente da Fundación Imdecum, organizadora do campionato, Marcelino Luna, e familiares e compañeiros de Rodrigo Maseda Lozano, Javier López López e José Antonio Villamor Vázquez, os tres policías falecidos en acto de servizo o 27 de xaneiro de 2012 nas augas do Orzán durante o intento de rescate do mozo eslovaco Tomas Velicky.

 

Coa celebración deste evento deportivo, ademais de promocionar o deporte de base entre os nenos e nenas coruñesas, a Deputación quere contribuír a que a memoria dos héroes do Orzán non caia no olvido, segundo apuntou García Liñares, que subliñou “a lección de humanidade, profesionalidade e valentía” dos tres axentes, que “non dubidaron en arriscar a súa vida” para axudar a alguén en apuros. Liñares comprometeu tamén o apio da Deputación para que o torneo siga crecendo no futuro e promocionando o deporte entre os pequenos.

 

“Agradecemos moito esta iniciativa tan bonita”, afirmou Isabel Lozano, nai de Rodrigo Maseda, un dos policías falecidos en acto de servizo, que subliñou o apoio das institucións para que o campionato siga medrando e fomentando entre os cativos “valores como o deporte e o traballo en equipo”.

 

No mesmo sentido pronunciouse Carmen López, nai de Javier López,  que tivo palabras de gratitude “para todos os que fan isto posible” e agradeceu aos que “traballan tanto para que isto poda celebrarse, en especial a Fundación Imdecum”.

                                

Pola súa banda, o presidente da Fundación Imdecum, Marcelino Luna, agradeceu o “apoio incondicional” das familias, da Deputación da Coruña, a Cruz Vermella e a Federación Galega de Fútbol Sala “para que o campionato siga crecendo”.

 

Nesta edición do Memorial “Héroes do Orzán”, os clubes participantes son:  Troula Betanzos FS, CD Los Rosales, UD Juvenil de Almeiras, FS Femenino Castro, , Fisober FSF, Pescados Rubén Burela FS, Hércules Coruña FS, 5Coruña FS, Club del Mar San Amaro, Ex-Alcohólicos, Distrito V FS, Ventorrillo FS, A Fervenza FSF, Viaxes Amarelle FSF, Fundación Eu Son, Adcor e Aspanane.

 

Moitos deles competirán en diferentes categorías, masculinas e femininas, que inclúen prebenxamín, benxamín, alevín, infantil feminino e Special Olympics, para persoas con discapacidade.

 

O próximo día 14 de xuño celebrarase unha ofrenda floral na coraza do Orzán en homenaxe aos tres heroes falecidos. Hoxe as súas familias recibiron tres retratos do ilustrador Juan Carlos Martínez, Charly, como agasallo e para o seu recordo.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress