Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 7 de junio de 2018 | Leída 17 veces
Deputación da Coruña

Elefante Elegante presenta no Teatro Colón o espectáculo sensorial “Tropical”

A área de Cultura da Deputación da Coruña e a compañía de teatro, Elefante Elegante, presentan este venres 8 de xuño (20:30 horas) no Teatro Colón a obra “Tropical”. Un espectáculo sensitivo, universal e evocador que mergulla ao espectador no universo dunha peculiar viaxe, chea de matices e dimensións...

[Img #45902]O escenario do Colón acolle a representación dunha peza que xira arredor dun cruceiro ateigado de turistas entretidos que, durante a súa viaxe, atopan unha balsa repleta de refuxiados.

 

Coa ironía como fío condutor, a obra presenta os acontecementos que se suceden nunha embarcación empraza a cinco grupo de persoas viaxeiras  heteroxéneo, entre os que se atopan turistas, emigrantes, polisóns, músicos e mariñeiros, dando lugar a dúas realidades moi distintas. Dunha parte, a das persoas que viaxan do norte ao sur nun cruceiro sedutor, e pola outra,  as que realizan o itinerario a inversa, do sur ao norte, na procura de fuxir da fame e dos cascallos dos seus países de orixe. No entanto, todas elas teñen un obxectivo común, a procura da felicidade.

 

A obra de Elefante Elegante acode ao absurdo para reflectir  as situacións que se están a producir non moi lonxe do noso recuncho de calma e tranquilidade. Na terra, paisaxes de guerras e muros. No mar, infinitas historias, desexos e soños que se cruzan. Ao ritmo das ondas, este barco invita a subir a bordo para navegar o presente cunha nova mirada.

 

Cunha linguaxe visual asentada no movemento, na imaxe, na música e na danza, “Tropical” representa a procura da poética da viaxe desde unha Europa que naufraga no Mediterráneo.

 

María Torres e Gonçalo Guerrero asumen a dirección dunha peza en que eles mesmos actúan, e cuxo elenco actoral se completa coa participación de Fredi Muíño, Marta Alonso e Ánxela Blanco. Asemade, Elefante Elegante contou co asesoramento temático do doutor en antropoloxía, Carlos Diz, e o vestiario é da premiada deseñadora coruñesa Beatriz Clara, para levar a cabo a composición desta obra.

 

Anacos de brétema no vento, a proposta para este xoves

Antes de que o navío do espectáculo “Tropical” amarre na Coruña, o escenario do Teatro Colón acollerá este xoves a representación de “Anacos de brétema no vento”. A derradeira creación do alumnado do Estudio de Teatro Casahamlet, que con motivo do seu vixésimo aniversario erguerán o pano para representar unha mostra antolóxica de escenas de diferentes figuras da dramarturxia, e entre os que se atopan Tennessee Williams, Alan Poe, Manuel Lourenzo ou Alvaro Cunqueiro, entre outros.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress