Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 6 de junio de 2018 | Leída 29 veces

Xunta e Ecovidrio sensibilizan aos cidadáns entregando plantas naturais a cambio de vidro no Día Mundial do Medio Ambiente

A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático e o xerente de zona Galicia-Asturias de Ecovidrio trasladaron aos veciños de Lugo a necesidade de facer un correcto tratamento dos envases de vidro. Cruz Ferreira Costa recordou que a Asemblea de Nación Unidas designou o 5 de xuño como o Día Mundial do Medio Ambiente, para que se realicen actividades que reafirmen a preocupación pola protección e mellora do medio ambiente...

[Img #45898]

 

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Ecovidrio, entidade sen ánimo de lucro, celebraron onte pola mañá o Día Mundial do Medio Ambiente entregando aos cidadáns unha planta natural por vidro. Esta é unha iniciativa de sensibilización para conmemorar esta efeméride a prol do medio ambiente.

 

A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira Costa, e o xerente de zona Galicia-Asturias de Ecovidrio, Germán Fernández, participaron esta mañá nesta acción na Cidade de Lugo, dentro dunha campaña que ten por finalidade concienciar aos participantes no correcto tratamento dos envases de vidro.

 

A carpa instalada na Praza Maior conta cos dous monitores especializados en medio ambiente, que animarán aos viandantes a reciclar vidro nun iglú instalado para a ocasión na praza. Todas aquelas persoas que colaboren coa iniciativa recibirán a cambio unha planta de temporada.

 

A directora xeral recordou que no ano 1972 celebrouse en Estocolmo a primeira gran conferencia con cuestións relativas ao medio ambiente, baixo os auspicios de Nacións Unidas. A partir desta iniciativa, a Asemblea de Nación Unidas designa o 5 de xuño como o día Mundial do Medio Ambiente, para que se realicen actividades mundiais que reafirmen a preocupación pola protección e mellora do medio ambiente. Este tipo de efemérides axudan a concienciar á sociedade en cuestións como a redución da capa de ozono, a xestión de produtos químicos tóxicos, a desertización ou o quecemento global.

 

Esta acción a pe de rúa, de carácter simbólico e concienciador, enmárcase dentro dun programa de actividades que a Consellería de Medio Ambiente -en colaboración con Ecovidro- leva a cabo en distintos espazos e concellos de toda Galicia. O obxectivo de todas estas actividades é conciencias dun xeito lúdico aos cidadáns para que realicen un axeitado tratamento dos envases de vidro.

 

Nese sentido, a directora recordou que recentemente se presentou o balance de 2017 sobre as cifra de reciclaxe de vidro en Galicia, período no que os galegos reciclaron máis de 43.000 toneladas de vidro, un aumento do 5,5 por centro respecto ao ano anterior. Este dato supón o maior incremento da recollida selectiva a través do contedor verde dos últimos cinco anos e sitúa a Galicia xa na media española e nunha boa posición respecto á europea.

 

Á vista dos datos, cada galego reciclou 16,1 kg de residuos de envases de vidro, un quilo más que no ano anterior, cando a media se situou por riba dos 15 quilos. En canto aos resultados por provincias, nas catro detectouse un incremento respecto dos datos de 2016, sendo un ano máis a provincia da Coruña a única que supera a media galega e a que máis recicla, cun promedio de 17,1 kg/hab, seguida da de Pontevedra, con 15,8 kg/hab, Ourense, con 14,7 kg/hab e Lugo, con 14,4 kg/hab.

 

Por último, destacou que co obxectivo de facilitar a colaboración cidadá, ao longo do pasado ano incrementouse un 4% o parque de colectores ata acadar as 15.286 unidades, situando a media de contenerización en 1 colector por cada 177 habitantes. Deste xeito, Galicia é a terceira comunidade cun maior incremento na media de contedores respecto ás cifras de 2016, situándose só por debaixo de Baleares e de Madrid.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress