Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 6 de junio de 2018 | Leída 61 veces
natación

Club Natación Arteixo 21 metais no Galego Máster

Como resumo do Campionato Galego Máster celebrado esta fin de semana en Ourense, están, un 9º posto na clasificación conxunta, dezanove medallas individuais, dúas en remudas e seis récords galegos. A competición foi en piscina de 50 metros e celebrouse en tres sesión...

[Img #45895]Asistiron un total de nove nadadoras e cinco nadadores, Ana, Chus, Jesica, Keti, Laura, María Muíño, María Oliveira, Raquel, Carmelo, Javi Mella, Manuel, Ramón e Roberto. Esta categoría medrou en número e calidade esta tempada, a súa ilusión e competitividade non ten límites, acadaron moi bos resultados de marcas e de postos na clasificación, tanto individual como por equipos.

 

A Clasificación por clubs foi a seguinte: 14º posto na Masculina, 8º na feminina e 9º na clasificación conxunta. Participaron en remudas masculinas, femininas e mixtas, destacando nos seus resultados dúas medallas, de ouro en 4x50 libre e de bronce en 4x50 estilos +200 mixto.

 

A nivel individual hai que destacar as boas marcas de todos os compoñentes do equipo, acadando un total de 19 medallas (7 ouros, 7 pratas e 5 bronces).

 

Destacamos tamén os seis récords galegos máster acadados, de Ramón  Folch en 200 libre, 400 libre, 50, 100 e 200 costas de +80, e de Laura Gerpe en 200 costas de 30-34 anos.

 

Este equipo estase a mostrar coma unha gran representación do deporte veterán en Arteixo, son un exemplo a seguir.

 

[Img #45896]

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress