Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 6 de junio de 2018 | Leída 24 veces
Deputación da Coruña

A Deputación impulsa a contratación de técnicos deportivos en 79 concellos da provincia

A institución provincial destina 979.925,40 euros para financiar os custos salariais do persoal contratado...

O Boletín Oficial da Provincia publicou onte a concesión definitiva das subvencións que concede anualmente a Deputación da Coruña para a contratación de persoal técnico deportivo nos concellos da provincia. Este ano, 79 concellos contratarán ou manterán no seu cadro de persoal a técnicos deportivos municipais grazas ao apoio económico da Deputación, que achega un total de 979.925,40 euros para financiar este programa.

 

Durante o ano 2017, un total de 75 concellos coruñeses contrataron a un técnico de deportes grazas ao apoio da institucións provincial. Este ano, A Capela, Ferrol, Cabanas e Neda súmanse como concellos beneficiarios da axuda facendo un total de 79.

 

Os concellos poderán contratar a graduados universitarios en Ciencias da Actividade Física e o Deporte ou a técnicos superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas.

 

O deputado responsable da área de Deportes, José García Liñares, destacou que “con este programa perséguense dous obxectivos”. Por unha banda, “contribuír á creación de postos de traballo na provincia”, facilitando que os concellos contraten persoal cualificado, e por outra, “fomentar a práctica de actividades deportivas”, especialmente entre a mocidade e as persoas maiores.

 

Asemade, a liña de axudas da Deputación permitirá desenvolver programacións deportivas estables e homoxéneas, durante todo o ano e en todos os concellos da provincia, independentemente do seu tamaño.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress