Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 6 de junio de 2018 | Leída 56 veces

‘As pedras de Soandres’, última ruta do programa de andainas ‘Coñece o teu Concello’

Realizarase este domingo. O percorrido é de 13 km de distancia e dificultade moderada. A inscrición e gratuíta e debe formalizarse no Concello...

[Img #45891]

 

Este domingo rematará o programa de andainas ‘Coñece o teu Concello’ que organiza o departamento de Cultura e Deportes da Laracha co obxectivo de ofrecer á veciñanza oportunidades para descubrir diferentes zonas do interior do termo municipal que destacan pola súa natureza, paisaxes, patrimonio histórico e presenza de recursos turísticos de relevancia.

 

Despois das andainas xa realizadas nos entornos fluviais do Anllóns e do Bradoso, neste ocasión proponse o roteiro titulado ‘As pedras de Soandres’,de dificultade moderada e trece quilómetros de distancia. Partirase do mosteiro de San Pedro de Soandres, visitaranse o Forno dos Mouros de Silvoso e a Pedra da Cabirta e concluirase o percorrido no miradoiro de Santa Marta, no punto de confluencia das parroquias de Soandres, Soutullo e Coiro.

 

O Concello da Laracha porá autobuses a disposición dos participantes. A saída está prevista para as 9:30 ha Praza do Concello e o regreso, ao remate da andaina.

 

As inscricións son gratuítas e deben formalizarse no Concello, ben acudindo á Casa Consistorial ou chamando ao 981 605 001.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress