Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 5 de junio de 2018 | Leída 16 veces

A Xunta promove alternativas de ocio xuvenil repectuosas co medio ambiente a través do proxecto Quero-Eco da Asociación Vella Escola

Arredor de 60 mozos e mozas implicáronse nesta acción que consistiu na celebración de obradoiros sobre cultura urbana e contorna natural, o pintado dun mural ecolóxico e unha campaña de concienciación ambiental. ‘Quero-Eco’ é un dos 119 proxectos financiados pola Administración autonómica ao abeiro do programa Iniciativa Xove 2017, que supuxo un investimento global de 545.000 euros e participación directa de 600 mozos e mozas...

[Img #45888]

 

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, felicitou honte aos mozos e mozas que participaron no proxecto ‘Quero-Eco’, levado a cabo pola Asociación Cultural e Deportiva Vella Escola e que tamén contou coa participación das entidades Cogami e Down Compostela. Ao redor de 60 persoas implicáronse nesta proposta subvencionada pola Xunta de Galicia ao abeiro do programa Iniciativa Xove 2017.

 

A responsable das políticas de xuventude do Goberno galego salientou o carácter innovador deste proxecto co que “se acadou que a xente nova diferentes mensaxes positivas sobre o coidado do medio ambiente, propoñendo alternativas de ocio respectuosas co medio natural e que unen a cultura urbana e o medio ambiente”. Neste sentido, a través de ‘Quero-Eco’ se levaron a cabo diferentes actividades que consistiron nunha xornada de cultura urbana con obradoiros participativos dirixidos a mozos e mozas entre 16 e 35 anos, a elaboración dun mural ecolóxico colectivo utilizando pintura fotocatalitica e antipolución e compuxeron unha canción de rap con mensaxe a prol da conservación do medio natural.

 

Precisamente, Cecilia Vázquez coñeceu en persoa o resultado destas iniciativas durante unha visita ás instalacións da empresa Trameve no polígono do Tambre, que cedeu espazo para pintar o mural ecolóxico e na que se proxectou esta mañá un vídeo divulgativo sobre a importancia do coidado e preservación da nosa contorna natural.

 

O proxecto ‘Quero-Eco’ é un dos 119 financiados pola Administración autonómica a través da acción Iniciativa Xove 2017, que supuxo un investimento total de 545.000 euros e a participación directa de máis de 600 mozos e mozas. A directora xeral explicou que se trata dunha intervención pioneira a nivel de todo o Estado que “permite que a xuventude galega poida organizar, emprender e impulsar actividades onde os actores principais son eles mesmos, pois a administración non lles indica o que teñen que facer e se limita a pedirlles propostas para despois apoialas co propósito de estimular o liderado, a creatividade e o talento xuvenil”, apuntou.

 

Neste programa poden participar tanto asociacións formalmente constituídas como grupos informais de mozos e mozas. A Xunta financia o cen por cento dos proxectos presentados cun orzamento máximo por iniciativa de 5.000 euros. Ademais, todas as entidades e grupos aos que se lles concede a axuda e o solicitan reciben un anticipo do 80% sobre o total da contía concedida.

 

Na convocatoria do ano 2017 introducíronse como áreas prioritarias a ter en conta positivamente na valoración dos proxectos a promoción de hábitos saudables e prevención de conductas de risco ou violentas, a sensibilización e loita contra calquera forma de discriminación, a inclusión social e laboral dos colectivos con dificultades de integración e especialmente vulnerables, a valorización do patrimonio cultural, o desenvolvemento e dinamización do medio rural e a dinamización da lingua galega entre a xente nova.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress