Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 5 de junio de 2018 | Leída 36 veces
a Laracha

Presentación da III Carreira Popular do Apóstolo no Concello da Laracha

O sábado día 2 abriuse o prazo de inscripción na proba deportiva que se celebrará o sábado 21 de xullo, en vísperas das festas patronais do Santiago Apóstolo...

[Img #45881]

 

O sábado pola mañá, aproveitando a celebración do Día Do Deporte na Laracha, presentouse a terceira edición da Carreira Popular do Apóstolo e Andaina saudable e solidaria, xunto ao alcalde, Jose Manuel López Varela e a concelleira de deportes Patricia Bello. En representación da xunta directiva da Asociación Cultural Adro de Vilaño (entidade organizadora) estiveron Juan Carlos Ramos (presidente) e Rubén Mallo (secretario).

 

A Asociación Adro de Vilaño, vai a polo terceiro ano de vida con máis forzas que nunca e con un obxectivo claro, que é superar as cifras de participación da edición anterior. Cabe recordar que foron 700 os participantes neste evento deportivo na edición do 2017, polo que esperan acercarce un pouco máis aos 1000 para seguir consolidando esta proba como un referente deportivo no propio concello e na Costa da Morte.

 

O evento desenvolverase de forma moi similar á edición anterior, sendo o punto de saída e chegada no Adro de Vilaño, donde a asociación organizadora ofrecerá un lote de servizos para os participantes: gardería para os nenos con monitores, gardarroupa, duchas, aparcamentos, fisioterapia e avituallamento líquido e sólido con pinchos finais.

 

Os percorridos serán iguais ós do ano pasado, estando deseñados para tódolos públicos, desde nenos de 3 anos ata veteráns, habendo premios para todos eles. A distancia da proba absoluta será de 10 Km que transcurrirán por Vilaño e parde da Laracha. De forma paralela desenvolverase a Andaina saudable e solidaria por un circuito de 3,8 Km, que pretende conseguir fondos para os máis necesitados do propio Concello. A metade da recaudación será doada a Cáritas de A Laracha.

 

O evento será en horario de serán, dando comezo ás 17:50 h coas categorías escolares, as 19:00 h saída da proba absoluta e finaliza coa saída da Andaina planificada para as 19:05 h.

 

As inscripción xa se poden facer efectivas na web oficial da Federación Galega de Atletismo (www.carreirasgalegas.com) ata o mércores 18 de xullo. Tamén se habilitarán puntos de información e inscripción presencial no Concello de A Laracha (departamento de deportes), Piscina Municipal de A Laracha e Cultiagro. A maiores, os menores de idade terán a posibilidade de deixar feita a inscripción nos propios centros de ensino do concello, aos que a entidade organizadora fará chegar información e fichas de inscripción.

 

O prezo da inscripción é de 5 euros para os maiores de idade e gratis para os menores, tanto na carreira como na andaina. Coa inscripción, os participantes recibirán unha camiseta técnica conmemorativa do propio evento.

 

[Img #45882]

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress