Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 2 de junio de 2018 | Leída 67 veces
Deputación da Coruña

Pop Re-Visited achega ao Teatro Colón a obra de Bob Dylan, Elvis Presley e Siniestro Total en formato contemporáneo

O Teatro Colón da Coruña acolle este martes 5 de xuño desde as 20:30 horas o espectáculo Pop-Revisited. A nova proposta do grupo Taller Atlántico Contemporáneo (TAC) que por primeira vez presenta en Galicia os temas de emblemáticas figuras da historia do Pop/Rock dende a perspectiva da música contemporánea…

[Img #45832]

 

Taller Atlántico Contemporáneo presenta agora o programa Pop Re-Visited onde se recollen as visións de compositores clásicos contemporáneos como John Corigliano, Michael Daugherty ou Javier López  de Guereña, sobre o traballo de figuras emblemáticas da cultura Pop/Rock: Elvis Presley, Siniestro Total ou Bob Dylan. 

 

Baixo a dirección de Diego García Rodríguez, o espectáculo de Taller Atlántico Contemporáneo busca reflexar como o Pop e máis o Rock influíron dun xeito decisivo no maxin dos compositores clásicos contemporáneos.

 

Así, o escenario do Colón emprazará un repertorio en que se interpretarán a suit sinfónica Visita turística a The Land of Opportunity, onde se achega unha nova dimensión de Siniestro Total;  a peza Dead Elvis, en que o solista fagot Álex Salgueiro e máis un ensemble de cámara recuperan diferentes temas do rei do Rock, e finalmente, o ciclo de sete cancións para soprano, desta volta interpretadas por Ingrida Gápová, en que se exhibirán as adaptacións que realizou John Corigliano sobre o álbum Mr. Tambourine Man de Bob Dylan.

 

Taller Atlántico Contemporáneo é unha formación musical  que nace no ano 2010 co ánimo de abordar interdisciplinarmente  -con paixón, curiosidade, imaxinación e liberdade- as composicións contemporáneas de diferentes artsitas e compositores internacionais.

 

Na actulidae,  a formación está considerada como máis relevantes agrupacións a nivel nacional, tendo actuado en importantes festivais como son Festival Internacional de Música e Danza de Granada ou na Semana da Música Relixiosa de Cuenca. 

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress